Concepción Sanesteban Raposo

política galega

Concepción Sanesteban Raposo, nada en 1964, é unha política galega.

Infotaula de personaConcepción Sanesteban Raposo
Biografía
Alcaldesa de Valdoviño
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , amo de casa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, é ama de casa[1]. Nas eleccións municipais de 2003 foi candidata á alcaldía de Valdoviño pola formación Centristas de Valdoviño, impulsada por exmilitantes do PPdeG e que conta con anteriores integrantes socialistas. Nos comicios foi a segunda forza máis votada (3 concelleiros) por detrás do PPdeG (5) e foi elixida alcaldesa co apoio do PSdeG e o BNG, gobernando en coalición cos socialistas. Volveu encabezala candidatura de Centristas nas municipais de 2007, pero baixou a 2 concelleiros e pasou a sela cuarta forza, perdendo a alcaldía en favor da candidata de Terra Galega, permanecendo como portavoz na oposición. Volveu ser candidata nas municipais de 2011 manténdose en 2 concelleiros. Apoiou a investidura do candidato do PPdeG José Antonio Vigo Lago, se ben finalmente non chegou a un acordo de goberno e permaneceu na oposición ata a fin do mandato, cando se retirou da política.

En xullo de 2014 foi imputada, xunto co seu marido, por un presunto delito de suborno tido lugar durante o seu mandato como alcaldesa en 2005[2], ditándose xuízo en febreiro de 2021[3].


Predecesor:
José Antonio Rodríguez Fernández
  
Alcaldesa de Valdoviño
 
2003 - 2007
Sucesor:
María Isabel Álvarez Diéguez

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar