Concepción Sáiz

Mestra e pedagoga galega

Concepción Sáiz Otero, nada en Santiago de Compostela22 de maio de 1851 e finada en Pancorbo (Provincia de Burgos) en marzo de 1934, foi unha mestra, pedagoga, feminista e escritora galega.[1]

Concepción Sáiz Otero
Nome completoConcepción Saiz Otero
Nacemento22 de maio de 1851
Lugar de nacementoSantiago de Compostela, Galicia Galicia
Falecementomarzo de 1934
Lugar de falecementoPancorbo
Nacionalidadeespañola
OcupaciónPedagoga, mestra e escritora
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nada a mediados do século XIX, Concepción Sáiz (á que máis tarde as súas alumnas chamarían "Pura") foi filla de Andrea de Otero e Pérez, galega, e Raimundo Sáiz Reoyo, burgalés e carabineiro de profesión. Esta ocupación paterna fixo que a familia viaxase durante a infancia de "Pura", en virtude dos destinos que se lle deron en Ciudad Rodrigo, Viveiro, Logroño e Burgos. Nesta última cidade, a súa irmá máis vella e mestra de profesión, obtivo unha praza na escola da localidade de Pancorbo. En 1870, "Pura" e a súa familia viaxaron a Madrid, onde a moza seguiu o exemplo da súa irmá ingresando na Escola Normal Central de Mestras en 1876.[2] Iniciouse como profesora normalista en 1884, actividade que desenvolveu até a súa xubilación en 1921.

En 1882, participou no Congreso Nacional Pedagóxico, e con maior protagonismo estivo na Mesa do Congreso Hispano-portugués-americano, celebrado en Madrid, do 13 ó 27 de outubro de 1892; mesa na que tamén estiveron Manuel Ruiz de Quevedo (presidente da Asociación para o Ensino da Muller), Emilia Pardo Bazán, Rafael Torres Campos, Concepción Aleixandre, Asunción Vea e Juan Facundo Riaño, non podendo acudir, por atoparse enferma Concepción Arenal.

A súa actividade no eido da pedagoxía quedou reflectida en numerosas colaboracións en revistas, diarios e semanarios como La Tribuna (1882) e Nuestro Tiempo (1902-1906), ademais de nas publicacións profesionais Magisterio Español (entre 1883 e 1897), La Escuela Moderna (1893-1900) e a Revista de Medicina Social Española (1916-1918).

Morreu a comezos da primavera de 1934, e foi enterrada no cemiterio de Pancorbo, onde unha lápida custeada polas súas alumnas deixou memoria da súa homenaxe, ademais dunha placa conmemorativa na escola de Madrid que en 1934 levaba o seu nome.[3]

Obra editar

  • Cartas... ¿pedagógicas? Ensayo de Psicología pedagógica. (Madrid; Sucesores de Rivadeneyra, 1895). Escrita xunto con Urbano González Serrano e prologada por Adolfo Posada.
  • ¿Cómo utilizar los millones de superávit?. Madrid; Imprenta Sucursal de Hernando, 1905.
  • Teoría y práctica de la educación y la enseñanza. Curso completo y enciclopédico de Pedagogía, expuesto conforme a un método rigurosamente didáctico. Madrid; Sucesores de Hernando, 1908.
  • Dos meses por las escuelas de Londres. Madrid; Sucesores de Hernando, 1911.
  • Lecturas escolares. Notas históricas y páginas selectas de literatura castellana (siglos XII al XIX), 4 vols.; Madrid; Librería General de Victoriano Suárez, 1913-1928.
  • Urbano González Serrano (bosquexo biográfico). Madrid; Librería General de Victoriano Suárez, 1914.
  • La Revolución del 68 y la cultura femenina. Un episodio nacional que no escribió Pérez Galdós. (Apuntes del natural); dúas edicións, Madrid.
  • El método de la escuela renovada de Milán. Madrid; Ministerio de Instrución Pública, 1930.
  • Las nuevas escuelas italianas. Madrid; Ministerio de Instrución Pública, 1930.

Notas editar

  1. Simón Palmer, Carmen (1991). Escritoras españolas del siglo XIX. Manual biobibliográfico. Castalia. ISBN 9788470396007. 
  2. Delgado Martínez, María Ángeles (2009). Científicas y educadoras: las primeras mujeres en el proceso de construcción de la didáctica de las ciencias en España. EDITUM. ISBN 9788483718919. 
  3. Valentín Aranda, Secretario de la Comisión encargada del homenaje a Concepción Saiz. Revista de Escuelas Normales, octubre de 1934, páx. 201 (citado por Carmen Colmenar no prólogo á edición de 2006 de La revolución del 68 y la cultura femenina...)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar