Concepción López Conde

Concepción López Conde, mellor coñecida como Siña Conseusión a Xuliana, nada en San Martiño de Bueu en 1882 e finada no mesmo lugar en 1969, foi poxadora de peixe do concello de Bueu desde os inicios de 1900 até a década de 1940.

Infotaula de personaConcepción López Conde
Biografía
Nacemento1843
A Praia (Bueu)
Morte1969
O Ramal dos Galos (Bueu)
Datos persoais
Outros nomesSiña Conseusión a Xuliana
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPoxadora de peixe
Período de actividade1900 ca. - 1940 ca.
Familia
CónxuxeManuel Dopazo Martínez
PaisAntonio López Troncoso  e Xuliana Conde González
Premios
IV Homenaxe Bueuesa Senlleira

Traxectoria editar

Naceu no lugar da Praia, na parroquia de San Martiño de Bueu en 1882, filla da tamén poxadora Xuliana Conde González e o mariñeiro Antonio López Troncoso. Foi a única filla muller do matrimonio, polo que non só herdou a casa familiar, senón tamén o negocio comezado pola nai, a cambio de coidar os proxenitores até a morte.

Casou con Manuel Dopazo Martínez a principios de 1900. Con el chegou a ter catorce fillas e fillos, das que sobreviviron seis mulleres e dous homes: Concepción, Carme, Manuela, Consuelo, María Amada, Manuel, Santiago e Josefa. Polo tanto, viviu entre o labor doméstico propio das mulleres da súa época e o traballo remunerado. O seu era o único soldo que entraba no fogar, pese a todo, os documentos oficiais estaban a nome do seu home.

Concepción conseguiu profesionalizar o oficio, acadando o recoñecemento dentro deste mundo eminentemente patriarcal, ademais de estabelecer ligazóns coas altas clases sociais do lugar: os salgadores e conserveiros Massó Hermanos, Attilio Gaggero e Juan Alonso, entre outros.

Morreu en 1969 no Ramal dos Galos despois dun longo período con demencia que lle impedía coñecer mesmo as persoas da súa contorna.

Premios e recoñecementos editar

En 2021, a Asociación Club Golfiños-Bueu rendeulle a IV Homenaxe Bueuesa Senlleira xunto coas súas descendentes. Ademais, dedicóuselle o número 3 do fanzine Aña[1] en marzo dese mesmo ano. En agosto dese mesmo ano saíu publicada unha pequena recensión na revista A Trabe de Ouro.

Notas editar

  1. Club Golfiños, Bueu (2021). "Concepción López Conde (1882-1969)". Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu (3): 8–9.