Abrir o menú principal

Cuca Gamarra

política española
(Redirixido desde "Concepción Gamarra")

Concepción Gamarra Ruiz-Clavijo, nada en Logroño o 23 de decembro de 1974, máis coñecida como Cuca Gamarra, é a alcaldesa da cidade española de Logroño, capital da comunidade autónoma de A Rioxa. É a primeira muller na historia da cidade que exerce tal cargo.[1] Chegou á alcaldía tras obter o seu partido, o PP, a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2011.[2] Sucede no cargo a Tomás Santos, do Partido Socialista Obreiro Español.

Cuca Gamarra
Cuca Gamarra

Actualmente no cargo
Dende o 11 de xuño de 2011
Precedido por Tomás Santos

Datos persoais
Nacemento 23 de decembro de 1974
Logroño, A Rioxa
Profesión Avogada

BiografíaEditar

De formación avogada, obtivo a licenciatura en Dereito económico e o posgrao en Dereito cooperativo pola Universidade de Deusto. É membro do Comité Executivo Rexional do PP da Rioxa desde o ano 2000. Entre ese ano e 2005 foi presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular da Rioxa, exercendo o cargo de presidenta do Consello Asesor de RTVE na Rioxa entre 2003 e 2007. É concelleira do Concello de Logroño desde 2003 e voceira do Grupo Municipal Popular desde 2004.

Predecesor:
Tomas Santos Munilla
 
Alcaldesa de Logroño

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo

NotasEditar

  1. elcorreo.com La alcaldesa de todos, consultado en decembro de 2012.
  2. elcorreo.com Gamarra logra la representación más amplia del PP en el Ayuntamiento, consultado en decembro de 2012.

Véxase taménEditar