Concello de Olofström

Olofström é un concello sueco no condado de Blekinge.[1] A súa capital é a localidade de Olofström. No mes de decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 13 000 habitantes.[2]

Modelo:Xeografía políticaConcello de Olofström
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 56°16′00″N 14°32′00″L / 56.266666666667, 14.533333333333
EstadoSuecia
Condadocondado de Blekinge Editar o valor en Wikidata
CapitalOlofström (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación13.000 (2024) Editar o valor en Wikidata (31,45 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie413,42 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kwidzyn (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webolofstrom.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: olofstrom.se Instagram: olofstromskommun Youtube: UCjb-_4AiH6s4YPSvMC69ykg Editar o valor en Wikidata

A parte norte co concello de Olofström é unha zona boscosa rica en lagos e turbeiras cun leito rochoso de granito fracturado e gneis. A morena cubre a gran superficie cha e os vales de fractura en dirección norte-sur, onde hai lagos como Raslången e cursos de auga como o Holjeån e o Mörrumsån. Os vales, ricos en vexetación, esténdense cara ao sur e alí aumenta a superficie de terra cultivada.

Historia administrativa

editar

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Jämshög e Kyrkhult, ámbalas dúas no härad de Listers. Coa reforma municipal de 1862 fundouse nesas parroquias o concello rural de Jämshög, do cal se separou o concello rural de Kyrkhult o 16 de outubro de 1863.

En 1941 creouse o köping de Olofström a través dunha excisión do municipio de Jämshög.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións administrativas da zona..

En 1967 os concellos rurais de Jämshög e Kyrkhult incorporáronse ao köping. O actual concello de Olofström naceu coa reforma municipal de 1971 despois da transformación do köping de Olofström.[3]

Xeografía

editar

É o único concello interior de Blekinge, e limita cos municipios de Osby, Kristianstad, Bromölla, Sölvesborg, Karlshamn, Tingsryd e Älmhult.

O municipio está rodeado de augas de centos de lagos. O máis grande é o Halen, que é un lugar popular para caiacs e para o baño. O concello de Olofström é coñecido por Kronofiske Harasjömåla, un famoso lugar de pesca que é visitado por unhas 75 000 persoas cada ano.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-31. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-11. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.