Concello de Norsjö
Norsjö é un municipio sueco (kommun) do condado de Västerbotten.[1] A súa capital é Norsjö. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 3 981 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Västerbotten | ||||
Capital | Norsjö (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.004 (2024) (2,08 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.923,58 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Sucedido por | Concello de Malå | ||||
Evento clave
| |||||
Sitio web | norsjo.se | ||||
Na súa maior parte a paisaxe consiste en morena cuberta de bosque e con áreas pantanosas no medio. Tamén hai bosque que forma a base da economía local onde domina a industria da madeira.
Dende a fundación do municipio a tendencia de poboación vén sendo fortemente negativa. Nas eleccións de 2010 e 2014 os socialdemócratas obtiveron sendas maioría absolutas, e tras as eleccións de 2018 gobernan e coalición co Vänsterpartiet.
Administración histórica
editarA área do municipio correspóndese coa da parroquia de Norsjö, onde se fundou o concello rural do mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
O 3 de maio de 1935 estableceuse a localidade municipal de Norsjö, e o 30 de outubro de 1936 a de Bastuträsk. Ámbolos dous disolvéronse en 1952/1953.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, cando nos condados de Västerbotten e Norrbotten permaneceron como estaban.
O muncipio de Norsjö fundouse coa refoma municipal de 1971 a través da transformación do concello rural de Norsjö. En 1974 incorporouse o concello de Malå, pero este volveu a separarse en 1983 constituíndose como un municipio de seu.[3]
Dende o seu nacemento o concello está incluído no partido xudicial de Skellefteå.[4]
Xeografía
editarO concello atópase no norte do condado de Västerbotten e limita ao norte co concello de Arvidsjaur, en Norrbotten, ao leste co de Skellefteå, ao sur cos de Vindeln e Lycksele, e ao oeste co de Malå.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-09.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Skellefteå tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 10 de setembro de 2022.