Concello de Heby

Coordenadas: 59°56′N 16°53′L / 59.933, -16.883

Concello de Heby
Heby kommun
Hebystationshus 02.JPG
Estación de Heby
Heby vapen.svg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Uppland
Condado Uppsala
Capital Heby
Área e poboación
Poboación 14 330 habitantes
Censo 2022
Área 1 225,61 km²
Densidade 12,28 hab./km²
Mapa
Heby Municipality in Uppsala County.png
Outros datos
Web heby.se

Heby é un municipio sueco (kommun) do condado de Uppsala.[1] A súa capital é Heby, con 2 724 habitantes, sendo a área urbana máis grande do concello e onde vive un 20% da súa poboación. No ano 2022 apoboación do municipio era de 14 330 habitantes.[2]

O municipio de Heby pertenceu ata o 1 de xaneiro de 2007 ao condado de Västmanland. O concello limita co municipio de Avesta no condado de Dalarna, co de Sala no condado de Västmanland, cos de Sandviken e Gävle no condado de Gävleborg, e cos de Tierp, Uppsala e Enköping no condado de Uppsala.

Administración históricaEditar

A área do municipio correspóndese coa das parroquias de Enåker, Harbo, Huddunge, Nora, Vittinge, Västerlövsta e Östervåla. Coa reforma municipal de 1862 formáronse concellos rurais co mesmo nome a partir desas parroquias.

O 22 de xaneiro de 1887 constituíuse na zona a localidade municipal de Heby que sería disolta en 1952.

Coa reforma municipal de 1952 fundáronse os grandes concellos de Västerlövsta (dos anteriores municipios de Enåker, Huddunge e Västerlövsta) e Östervåla (de Harbo e Östervåla), mentres que os municipios rurais de Nora e Vittinge permaneceron sen cambios.

O municipio de Heby naceu coa reforma municipal de 1971 a partir dos concellos rurais de Nora, Vittinge, Västerlövsta e Östervåla.[3]

Ata o 31 de dicembro de 2006 o municipio estivo no condado de Västmanland, pero pasou a formar parte do condado de Uppsala o día seguinte.[4] Isto levouse a cabo de acordo cunha decisión parlamentaria do 30 de novembro de 2005. Nun referéndum local consultivo realizado en 1998 o 57,5% votou a favor dun cambio de condado.

NotasEditar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-28. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-28. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Nu hör Heby kommun till Uppsala län". Sveriges Radio (en sueco). 2007-01-01. Consultado o 2022-09-10.