Concello de Arvika
Arvika é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland. Cobre 1 956,11 km² e en decembro de 2024 tiña 25 547 habitantes,[1] dos que uns 14 000 viven na cidade de Arvika, a súa capital. Está situada entre o lago Vänern e Noruega.
Arvika kommun (sv) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Värmland ![]() | ||||
Capital | Arvika ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.547 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.956,11 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Arvika Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Arne Persson (en) ![]() Karl-Uno Richardson (en) ![]() Arne Persson (en) ![]() Gunnar Nyberg (en) ![]() Claes Pettersson (en) ![]() Peter Söderström (en) ![]() ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | arvika.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A cidade Arvika atópase na beira norte do lago Glafsfjorden, que se conecta co Vänern. A estrada nacional 61 pasa pola cidade, ao igual que a liña de ferrocarril entre Laxå e Charlottenberg-Oslo, coñecida como Värmlandsbanan.
O 85% da superficie do concello está cuberta de bosque. A zona tamén é rica en lagos. A actividade económica do antigo municipio siderúrxico sofreu grandes cambios e a principios da década de 2020 as industrias manufactureras son as maiores empregadoras.
Xeografía
editarO concello de Arvika limita cos municipios de Torsby, Sunne, Kil, Grums, Säffle, Årjäng e Eda en Suecia, e co de Kongsvinger en Noruega.
Historia
editarA dez quilómetros ao oeste da cidade en Bergs Klätt, hai restos de asentamentos da Idade de Pedra e da Idade de Bronce.
Arvika mantívose como unha pequena vila, en 1811 deuselle estatuto de cidade co nome de Oscarsstad para dinamizar economicamente a rexión, pero non tivo éxito e os privilexios de cidade foron revogados en 1821, permanecendo como köping (vila) co nome de Arvika, en 1911 outorgóuselle de novo o título de cidade.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial de Arvika (en sueco, inglés e alemán)
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-16.