Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
(Redirección desde «Complexo dunar de Corrubedo»)

Coordenadas: 42°33′0″N 9°2′0″O / 42.55000, -9.03333

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural, ZEC, ZEPA, Zona húmida RAMSAR
Ano de constitución: 1992
Superficie: 996,25 ha. (9.264,64 no ZEC)
Lexislación: Parque natural co decreto 148/1992 e do 23 de outubro de 1992, LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3], ZEPA o 19 de xuño de 2003, ZEPVN e ZEPA o 2 de abril decreto 72/2004.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia da Coruña
Concellos: Ribeira
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán[4] é un parque natural[5] galego que ampara ao sistema dunar, as marismas e as lagoas do vértice occidental da costa da península do Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia.

O complexo de Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) (Complexo húmido de Corrubedo), unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) (Complexo litoral de Corrubedo), un zona húmida protexida galega (Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo) e un zona húmida de importancia internacional Ramsar (Complexo de Corrubedo).[1][2][3][6][7] O arquipélago de Sálvora, e o seu mar, así como parte do litoral de Porto do Son atópanse dentro do ZEC do Complexo húmido de Corrubedo, co que se amplía a súa área a 9.264,64 ha.[8][9][10] Así é que a costa entre o cabo de Corrubedo e o Castro de Baroña, o mar arredor das illas de Sálvora e as lagoas de Carregal e Vixán quedan baixo a protección do parque natural e a ZEC.[11]

Xeoloxía e hábitats editar

 
Panorámica das praias de Lagoa e Ladeira e a duna, que están á fronte da marisma do Carregal.
 
As dunas.

O parque natural é un complexo entrante costeiro con pequenos cantís de rochas e un sistema dunar que discorre entre a Pedra do Pino, Corrubedo e A Graña, Carreira en Ribeira. En xeoloxía, defínese como un sistema de praia-barreira-lagoon e atópase nun estado avanzado na súa evolución natural.[12][13]

A costa do parque é un cordón de praia que se atopa entre as rías de Muros e Noia e Arousa, entre dous cabos, e orientado en dirección NNO-SSE. O litoral da costa, cos seus brazos de mar, supoñen o 78% da área do espazo natural.[14] No seu interior (nas parroquias de Olveira, Artes e Carreira) ten unha marisma salobre (a marisma de Carregal), de forma triangular e cun máximo de ancho de case 1,7 km (a altura de Arribas, Artes, Ribeira e Viñas, Artes, Ribeira en Artes), sendo de punta a punta de ata 7 km.[4][12][13] Esta marisma aséntase sobre dun lagoon (algo similar a unha "lagoa"), que está xa case colmatada por completo. A marisma e o lagoon dan ao mar só por unha bocana, ou pequena entrada: a lagoa do Carregal entre Olveira e Artes. A esa bocana chega un meandro, unha canle de auga activa. A marisma e o meandro están dominados por unha dinámica de mareas. Na baixamar a auga só pasa por esa canle. A interacción entre as augas do ríos como as ondas do mar vidas do suroeste, formaron unha praia de pouca inclinación no interior da costa. A parte central da praia ten unha canle formada folo fluxo de saída da auga. Na parte traseira da praia formouse un sistema eólico activo só parcialmente: unha duna, que está en Olveira.[4][12][13][15] Nas marismas, a lagoa de Vixán péchaa a frecha litoral e a lagoa de Carregal está máis dominada pola entrada de auga salgada.[12]

As dunas, a area de praia, e a chaira de herba baixa en solo fértil (en gaélico escocés denomínanse áreas "marchair", de "chairas fértiles") son hábitats con interese de conservación. As área chamadas maquis e garrigas ou phrygana, onde as matogueiras dominan e ocupan unha zona seca e dun clima similar ao mediterráneo máis ao interior da costa, tamén o son. Na zona interior á duna atópanse bosques mixtos e de coníferas, como os piñeiros. Os rochedos do litoral do parque son en esencial areais interiores ou froito da fragmentación do solo granítico do litoral galego.[14]

As lagoas forman hábitats singulares, onde a flora e a fauna presentes teñen características de especial interese para a conservación. Iso levou a que se lle outorgase as figuras de protección como zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA).

Flora e fauna editar

Flora editar

No parque encóntranse representados 247 taxons vexetais. Podemos atopar especies adaptadas á aridez e inestabilidade do substrato areoso, o cardo mariño, ou o feo de praia (Ammophila arenaria) que fixa os espigóns de praia; outras adaptadas ao alagamento permanente, xuncos, carrizos[Cómpre referencia], ranúnculos, ou ben especies halófitas como a salicornia. Algunhas especies son endémicas do noroeste peninsular e están consideradas como vulnerables ou en perigo de extinción.

As especies da flora en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son:

Especie[14]
Ammophila arenaria
Omphalodes littoralis subsp. gallaecica
Narcissus bulbocodium
Ruscus aculeatus
Spiranthes aestivalis
Nanozostera noltii
Alyssum loiseleurii
Cytisus insularis

Fauna editar

O parque destaca pola súa gran riqueza faunística (o 70% das especies de anfibios e réptiles presentes en Galicia), entre a que destaca sobre todo a ornitofauna. No parque están presentes diversas especies de mamíferos que se moven no espazo e no seu contorno, como o raposo (Vulpes vulpes), o teixugo (Meles meles), o ourizo cacho (Erinaceus europaeus) ou o esquío (Sciurus vulgaris). Tamén a lontra (Lutra lutra) mantén unha presenza común.

Aves editar

A variedade de hábitats do parque natural acolle a unha poboación de aves non abundante en número pero si en especies. Nas dunas e nos areais hai aves que son infrecuentes ou que teñen poucos individuos e que poñen alí os seus niños. Un caso disto son as limnícolas ameazadas Burhinus oedicnemus e Charadrius alexandrinus. Esas mesmas zonas de aniñamento empréganas no inverno outras aves que veñen de paso, como Pluvialis apricaria. Na lagoa de Vixán hai anátidos e aves que veñen aniñar ou están de paso invernal.[14]

Os censos de aves acuáticas invernantes efectuados nos últimos anos proporcionan unha media de 2.300 individuos pertencentes a máis de 35 especies. Entre as especies máis destacadas no parque destacan: o pato cullerete (Anas clypeata), o charneco (Anas crecca), o lavanco (Anas platyrhynchos), o pato asubión (Anas penelope), a cerceta do estío (Anas querquedula), o pernileiro (Burhinus oedicnemus), o pirlo bulebule (Calidris alba), a píllara papuda (Charadrius alexandrinus), a galiñola negra (Fulica atra), a mobella ártica (Gavia arctica), a píllara riscada (Arenaria interpres), a gabita (Haematopus ostralegus), a mobella grande (Gavia immer), a mobella pequena (Gavia stellata), a garza pequena (Ixobrychus minutus), o mazarico rabipinto (Limosa lapponica), o mazarico curlí (Numenius arquata), o mazarico chiador (Numenius phaeopus), o cullereiro (Platalea leucorodia), a pillara dourada (Pluvialis apricaria) ou o carrán cristado (Sterna sandvicensis).

As especies de aves en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son:

Especie Poboación[14]
Anas strepera Invernal
Anas crecca Invernal
Anas platyrhynchos Invernal
Anas clypeata Invernal
Ardea purpurea De paso
Ardea cinerea Invernal
Aythya ferina Invernal
Aythya fuligula Invernal
Burhinus oedicnemus Sedentaria, Invernal
Calidris alba Invernal, De paso
Calidris alpina Invernal
Calidris pugnax De paso
Charadrius hiaticula Invernal
Charadrius alexandrinus Sedentaria, Invernal
Circus aeruginosus De paso
Circus cyaneus De paso
Egretta garzetta Invernal
Falco columbarius Invernal
Falco peregrinus Invernal
Fulica atra Invernal
Gavia stellata Invernal
Gavia arctica Invernal
Gavia immer Invernal
Haematopus ostralegus Invernal
Ixobrychus minutus Reprodución
Limosa lapponica De paso
Larus cachinnans Sedentaria
Platalea leucorodia De paso
Pluvialis apricaria Invernal
Phalacrocorax carbo Invernal
Phalacrocorax aristotelis Sedentaria
Sterna sandvicensis De paso
Sterna hirundo De paso
Vanellus vanellus Invernal

Mamíferos editar

As especies de mamíferos en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son:

Especie[14]
Lutra lutra
Genetta genetta
Phocoena phocoena
Myotis myotis
Mustela erminea
Rhinolophus hipposideros
Rhinolophus ferrumequinum
Tursiops truncatus

Anfibios e réptiles editar

As especies de anfibios a en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son:

Especie[14]
Alytes obstetricans
Bufo calamita
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Hyla arborea
Lissotriton boscai
Pelobates cultripes
Triturus marmoratus

E as especies de réptiles son:

Especie[14]
Anguis fragilis
Caretta caretta
Chalcides bedriagai (esgonzo ibérico)
Chalcides striatus
Coronella girondica
Dermochelys coriacea
Elaphe scalaris (cobra de escada)
Emys orbicularis
Lacerta lepida
Lacerta schreiberi
Natrix maura
Natrix natrix (cobra de colar)
Pelobates cultripes
Podarcis hispanica
Psammodromus algirus
Rhinechis scalaris
Vipera seoanei (víbora de seoane)

Invertebrados editar

As especies invertebradas en réxime de protección especial ou as que lle dan valor ao parque son:

Especie[14]
Cerambyx cerdo
Charonia lampas subsp. lampas
Coenagrion mercuriale
Echinus esculentus
Nucella lapillus
Oxygastra curtisii
Patella ulyssiponensis
Hirudo medicinalis
Bolma rugosa

Arqueoloxía editar

No parque hai pegadas de asentamentos humanos , tanto no interior do parque, como o Castro do Porto de Baixo, como nos seus arredores. Representan un valor engadido á súa importancia patrimonial figuras como o dolmen de Axeitos, os petróglifos da Pedra das Cabras, os restos da cultura castrexa coma o Facho ou Tahume e os restos dos fornos de tella en Cortiza e Canosa ou os muíños da zona.

Datos de interese editar

  • Superficie: 996,25 ha (o espazo protexido como ZEPA alcanza as 4.266 ha e o protexido como ZEC, as 9.263 ha).
  • Altitude media: 14 m
  • Rexión bioclimática: Atlántica
  • Concellos: Ribeira (o espazo protexido como ZEC inclúe terras de Porto do Son e as augas do arquipélago de Sálvora[6]).

Lexislación editar

A figuras de protección do complexo dunar de Corrubedo e das lagoas do Carregal e Vixán son:

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, polaa que aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da región bioxeográfica atlántica [notificada co número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de dicembro de 2004, páxinas da 1 á 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07. 
  2. 2,0 2,1 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  3. 3,0 3,1 "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Parques Naturais de Galicia.
  5. 5,0 5,1 Corrección de erros.- Decreto 139/1992, do 5 de xuño, polo que se declara parque natural o complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (concello de Ribeira, A Coruña). DOG 58, 26/03/1993.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  7. "ZEC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  8. Illas de Sálvora, Parque nacional das Illas Atlánticas
  9. Complexo dunar de Corrubedo, Turgalicia
  10. "Lexislación". Consultado o 2017-07-05. 
  11. Documento de Inicio para a Avaliación Ambiental Estratéxica. Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e do Medio Físico do ZEC Complexo Húmido de Corrubedo. Dirección Xeral de Conservación da Natureza Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Xunta de Galicia. 28 de decembro de 2007
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Vilas, F.; Arche, A.; Ramos, Amparo; Sopeña, Alfonso; Rey, L.; Nombela, M. A. (1987). "El complejo de playa-lagoon de Corrubedo y los submedios característicos. Galicia, NW. España". ISSN 1695-6133. Consultado o 2017-07-06. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Vilas, Federico; Sopeña, Alfonso; Rey, Lourdes; Ramos, Amparo; Nombela, Miguel Angel; Arche, Alfredo (1991-04-01). "The Corrubedo beach-lagoon complex, Galicia, Spain: Dynamics, sediments and recent evolution of a mesotidal coastal embayment". Marine Geology 97 (3): 391–404. ISSN 0025-3227. doi:10.1016/0025-3227(91)90128-Q. Consultado o 2017-07-06. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 14,7 14,8 "Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo IV Espazos da Área Litoral. ES1110006 - COMPLEXO HÚMIDO DE CORRUBEDO - ES1110006 - COMPLEXO HUMIDO DE CORRUBEDO.pdf" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de outubro de 2017. Consultado o 2017-07-06. 
  15. Rey, D; Rubio, B; Bernabeu, A. M; Vilas, F (2004-07-01). "Formation, exposure, and evolution of a high-latitude beachrock in the intertidal zone of the Corrubedo complex (Ria de Arousa, Galicia, NW Spain)". Sedimentary Geology 169 (1): 93–105. ISSN 0037-0738. doi:10.1016/j.sedgeo.2004.05.001. Consultado o 2017-07-06. 
  16. Orde do 8 de xullo de 1991 pola que se declara provisionalmente o complexo das dunas e lagoas de Corrubedo como espacios naturais en réxime de protección xeral. DOG 143/29/07/1991.
  17. Decreto 139/1992, do 5 de xuño, polo que se declara parque natural o complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (concello de Ribeira - A Coruña). DOG 113, 15/06/1992.
  18. Corrección de erros.- Decreto 139/1992, do 5 de xuño, polo que se declara parque natural o complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (Concello de Ribeira, A Coruña). DOG 138, 17/07/1992.
  19. ZEPA Complexo litoral de Corrubedo. Consellería de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio. Xunta de Galicia.
  20. Humidais de Importancia Internacional (Convenio Ramsar), Consellería de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio. Xunta de Galicia.
  21. Humedais protexidos. Consellería de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio. Xunta de Galicia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar