Complexo de Ordes

O complexo de Ordes é unha megaestrutura alóctona, ou un klippe[1] ou illa tectónica, característica de Ordes, no noroeste do macizo ibérico e na zona xeolóxica de Galicia e Trás-os-Montes. Ten unha forma semielíptica, cuns 135 km de longo e 75 km de ancho, e segue unha dirección de norte a sur nese sector central galego do macizo. Este complexo limita polo leste co dominio do ollo de sapo. Outros complexos alóctonos como este son os de Cabo Ortegal, Braganza, Morais e a banda que recorre o litoral de Malpica a Tui.[2][3][4][5][6]

O característico do complexo de Ordes é o seu conxunto de metasedimentos con orixes en condicións intermedias de presión, de carácter flyschoide e coñecidas como serie de Ordes. Esta serie é en esencia detrítica, e foi resultado dunha erosión e deposición nos arredores de facies flysch cunha posterior intrusión granítica (gabros e granitoides).[2][5][6]

Fórmana unha sucesión monótona de xistos verdes na súa parte máis alta e facies de granulitas na parte basal. Os seus cuarzos son angulosos e as plagioclasas non mostran alteración. Son froito dunha metamorfose de sedimentos cunha orixe detrítica e de arxilas e que aconteceu no herciniano, desde aproximadamente o precámbrico alto ou silúrico ata o cámbrico inferior.[2][5][6]

Notas editar

  1. klippe, klippen (pl.), do alemán cantil.
  2. 2,0 2,1 2,2 García, P. Castiñeiras; Martín, Ricardo Arenas; Catalán, José Ramón Martínez; Río, José González del Tánago y del (2002). "Evolución metamórfica de los esquistos con Grt-St-Ky del antiforme de Arinteiro (Complejo de Órdenes, noroeste del Macizo Ibérico)". Geogaceta (32): 107–110. ISSN 0213-683X. Consultado o 2017-08-30. 
  3. J Hernández Urroz (dirección e coordinación), J Hernández Urroz e J. Divart Rodríguez (Xeoloxía de capo e gabinete); et al. (1981). Instituto Geológico y Minero de Espama. Servicio de publicaciones del Ministerio de Industria e energía, eds. Mapa Geológico de España. Escala 1:50.000. Órdenes. Segunda serie (Primeira edición ed.). 
  4. Victori oMonteserín, Felipe Fernández, María José López García, Mercedes Peinado Moreno (1975). Instituto Geológico y Minero de Espama. Servicio de publicaciones del Ministerio de Industria e energía, eds. Mapa Geológico de España. Escala 1:50.000. Órdenes. Segunda serie (Primeira edición ed.). Madrid. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "BDDOC CSIC: Sumarios ICYT - Ciencia y Tecnología - El gabro de Monte Castelo (Complejo de Ordenes, NW del Macizo Ibérico): geoquímica y contexto tectónico.". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-29. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Catalán, José Ramón Martínez; Klein, E.; Maciá, J. G. de Pablo; Lodeiro, Francisco González (1984). "El Complejo de Ordenes: subdivisión descripción y discusión sobre su origen". Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe: Revista de xeoloxía galega e do hercínico peninsular (7): 139–212. ISSN 0213-4497. Consultado o 2017-08-29. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.