Comparativo
O comparativo ou tamén chamado ás veces ecuativo, é un caso que expresa a comparación, a asimilación ou a identidade. O ecuativo foi usado na historia por unhas poucas linguas. Foi empregado no sumerio.
Exemplos
editarEn sumerio, o ecuativo formábase engadindo o sufixo -gin7 ao nome:
- lugal - 'rei', lugal-gin7, 'coma un rei'
- nitah-kalaga - 'home forte', nitah-kalaga-gin7 - 'coma un home forte'
En oseto, o ecuativo é marcado pola terminación -ау (pron. [au]) :
- фæт — frecha, фæтау — coma unha frecha.
- Ницы фенæгау йæхи акодта — lit. Ren vedo-coma si mesmo fixo (« [el ou ela] finxiu non ver ren»)
En quechua, utilízase o sufixo -naw (variantes centrais) ou -hina (variantes periféricas) :
- khuchi-hina-n mikhu-n — Come coma un porco.[1]
Homonimia
editarO ecuativo pode tamén designar un grao de comparación do adxectivo : é por tanto un sinónimo de comparativo de igualdade. O termo é empregado particularmente na descrición das linguas célticas.
Notas
editar- ↑ César Itier, Parlons quechua, L'Harmattan, 1997 ISBN 2-7384-5602-2