Abrir o menú principal

Comesaña Sporting Club

O Comesaña Sporting Club é un club galego de atletismo. Fundouse en 1915, sendo na actualidade o máis antigo dos clubs de atletismo galegos e entre o 3º e 6º máis antigo de España.

Foi fundado na parroquia viguesa de Comesaña, de onde proceden os seus atletas, especialmente os históricos, e boa parte do apoio.

Desde 1978 organiza o Memorial Belarmino Alonso, unha carreira federada de campo a través en lembranza dun directivo do club falecido nese ano. Tivo lugar en diversos circuítos (Castrelos, A Xunqueira ou As Pereiras). Desde 1990 ten lugar na Ponte de Comesaña e forma parte do calendario da FGA. Conta cunha importante participación de atletas galegos e portugueses.

HistoriaEditar

Na década de 1920 o club ten o seus primeiros momento de esplendor. En setembro do 1921, no histórico campo de Coia o equipo queda campión galego en 4x100 e un mes despois no mesmo escenario o seu atleta Guillermo Moreira Araujo converteuse no primeiro galego campión de España, foi na proba de 400 m. A partir dese momento sucedéronse os éxitos. O equipo, alcumado Os Finlandeses, gaña os campionatos galegos de Campo a Través nos anos 1921, 1924, 1928, 1929 e 1930 (todos os disputados nesa xeira), ao que lle cómpre sumar as vitorias individuais neses campionatos de Álvaro Fernández, en 1924, e sobre todo da grande figura do club, Cándido Fernández, en 1928, 1929, 1930 e 1931, que ademais acadou 7 récords galegos en 400, 800, 1500 e 5000 m. Nese período cómpre salientar as vitorias nos campionatos galegos de Guillermo Moreira 5.000 m. en 1924; Benito Fernández 5.000 m. en 1929 no 8º campionato disputado xa en Balaídos e 10.000 m. en 1930.

Na posguerra aumenta a conta de vitorias nos campionatos galegos de Campo a Través coa vitoria por equipos en 1947 e 1949 e as vitorias individuais de Luis Ramilo en 1945 e 1948. O resto de campións galegos nos anos 40 foron A. Melín en xavelina e Leiras en lanzamento de barra en 1945; Alberto Soliño en 100 e 200 m., e Álvaro Fernández en 5.000 en 1946.

Véxase taménEditar