Comba de Cornualles

Santa escocesa do século VI

Comba de Cornualles, máis coñecida como Santa Comba de Cornualles, foi unha santa da Igrexa católica que seica viviu no século VI, nada en Lothian (Escocia) e finada en Ruthvoes, Cornualles. É popular en Cornualles e outras nacións celtas. A súa historia lendaria mestúrase coa da galega Comba de Sens, quizais por tradicións celtas cristianizadas.

Comba de Cornualles
Columba3.jpg
Nacementoséculo IV
 Lothian
Falecementoséculo VI
 Ruthvoes
editar datos en Wikidata ]
Este artigo trata sobre unha santa inglesa, para o santo irlandés véxase Columba de Iona.

Comba de Cornualles é venerada pola Igrexa católica e mais o anglicanismo; a súa festividade celébrase o 11 de novembro. Simbolízase cunha póla de palma e/ou unha espada.

LendaEditar

Segundo a lenda, disque Comba se converteu ao cristianismo cando o Espírito Santo se lle apareceu en forma de pomba (columba en latín). A lenda está documentada nun manuscrito conservado na Biblioteca de Cambridge (Reino Unido), escrito por Rosecarrack durante o reinado de Isabel I de Inglaterra, quen afirmou ter tomado a lenda de información local.

Segundo a leyenda, Comba foi a filla do rei Lodan e mais da raíña Manigild, ambos os dous pagáns. Comba, para escapar do casamento cun príncipe tamén pagán, embarcouse cara Cornualles preto de Trevelgue Head, onde desembarcoi. Aló foi seguida polo príncipe; despois a través da fraga que agora é Porth Beach, por Rialton e Treloy, até que finalmente o príncipe a capturou en Ruthvoes, dúas millas ao sur de St. Columb Major. Nese lugar o príncipe decapitouna polo desplante, e onde caeu o sangue abrollou un arroio cuxo rego formou un río, aínda sen nome, que desemboca en St. Columb Porth, seguindo o camiño que fixera Comba.

AnáliseEditar

O historiador británico David Nash Ford suxestiona que os nomes dos pais de Santa Comba, Lodan e Manigild, son en realidade formas terxiversadas dos nomes do rei Lot e da raíña Morgause, da Lenda do Rei Artur.

Esta historia é ademais moi semellante á da galaica Santa Comba de Sens do século III e tamén á de Santa Comba de Córdoba do século IX. Polo tanto, é probábel que as lendas de Santa Comba de Cornualles e de Santa Comba de Córdoba foran unha adaptación da lenda de Santa Comba de Sens. Isto non quere dicir que non teñan existido as tres. Simplemente que as súas lendas poderían ter sido tomadas unhas das outras. Incluso, as lendas das distintas Santa Comba son moi semellantes á da deusa grega Aretusa.

Comba é un nome común entre os irlandeses.