Comac ARJ21

O Comac ARJ21 Xiangfeng (chinés: 翔凤; pinyin: xiángfèng) é un reactor comercial de 78-90 asentos fabricado pola compañía estatal chinesa Comac. O desenvolvemento do ARJ21 (Advanced Regional Jet) comezou en marzo de 2002, o seu prototipo presentouse o 21 de decembro de 2007 e fixo o seu voo de estrea o 28 de novembro de 2008 en Shanghai. Reciciu o seu certificado de tipo da CAAC o 30 de decembro de 2014 e foi introducido o 28 de xuño de 2016 por Chengdu Airlines. Lembra aos McDonnell Douglas MD-80/MD-90 producidos baixo licenza na China, e conta cunha á supercrítica en frecha de 25° deseñada por Antonov e dous motores General Electric CF34 montados na parte traseira da fuselaxe.

Comac ARJ21
COMAC ARJ21 Gu.jpg
Tiporeactor rexional
FabricanteComac
Primeiro voo28 de novembro de 2008
Introducido28 de xuño de 2016
Principais usuariosChengdu Airlines
Produción2007 - presente
Unidades construídas50 (decembro de 2020)[1]

NotasEditar

  1. "COMAC ARJ21 Production List". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-21.