Coluto (en latín Coluthus, en grego Κόλουθος) foi un dos últimos poetas épicos gregos. Naceu en Licópole (Exipto). Viviu no século VI e tivo éxito baixo o goberno de Anastasio I Dícoro.

Coluto
Nacementoséculo V
Lugar de nacementoLycopolis
Falecementoséculo VI
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Escribiu poemas laudatorios (ἐγκώμια δι᾽ ἐπῶν, encómia di epón), un poema heroico de seis libros titulado Καλυδονικά (Kalydónica) e outro titulado Περσικά (Persicá), todas obras perdidas. Das súas obras só se conserva O rapto de Helena (Ἐλένης ἁρπαγή) en 392 hexámetros, que imita con pouco éxito o estilo de Homero[1].

NotasEditar

  1. Smith, William (1870). "Coluthus". Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). vol. 1. Boston: Walton and Maberly. p. 815.