Colpodea

Colpoda inflata
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Chromalveolata
Superfilo: Alveolata
Filo: Ciliophora
Clase: Colpodea
Small & Lynn 1981
Ordes típicos

Colpodida
Bursariomorphida
Cyrtolophosida
Bryophryida
Sorogenida
Bryometopida

Os Colpodea (colpodeos) son unha clase de protozoos ciliados, que comprende unhas 200 especies que habitan en augas doces e no solo. Os cilios corporais son tipicamene uniformes, e están sostidos por dicinetias de estrutura característica, con cilios en ambos os cinetosomas. A "boca" pode ser apical ou ventral, con máis ou menos policinetias asociadas prominentes. Moitos son asimétricos, e as células enróscanse lateralmente e despois desenróscanse antes da división, a cal ten lugar dentro de quistes. Un xénero representativo é Colpoda, que é un ciliado con forma de ril común en ambientes ricos en materia orgánica.

A maioría dos ciliados situados aquí foron considerados orixinalmente tricóstomos avanzados, porque se asumía que carecían de verdadeiros cilios orais. Porén, os Bursariomorphida, que son grandes ciliados depredadores cunha cavidade oral que forma unha bolsa profunda anterior, eran considerados heterotricos debido ás súas prominentes policinetias orais. A moderna clase Colpodea foi definida por Small & Lynn en 1981, baseándose principalmente na estrutura das cinetias do corpo.[1][2]

As análises de filoxenética molecular mostraron que a clase podería ser polifilética, aínda que se necesitan máis estudos utilizando un maior número de marcadores.[3]

Notas editar

  1. Small, E.B., Lynn, D.H., 1981. A new macrosystem for the phylum Ciliophora doflein, 1901. Biosystems 14, 387–401. PMID 7337814
  2. Denis H. Lynn. The Ciliated Protozoa. Characterization, Classification and Guide to the Literature. 3ª edición. Google Books. Páxina 244. [1]
  3. Micah Dunthorn, Wilhelm Foissner, Laura A. Katz. Molecular phylogenetic analysis of class Colpodea (phylum Ciliophora) using broad taxon sampling. Molecular Phylogenetics and Evolution 46 (2008) 316–327 [2] Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.