Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo

Coordenadas: 43°32′20″N 7°02′43″O / 43.538888888889, -7.0452777777778

O Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo é un centro de ensino privado e relixioso da localidade de Ribadeo.

Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

Historia editar

A finais do século XIX, chegou a Ribadeo un grupo de irmás das Fillas da Caridade, prestando os seus servizos no Hospital-Asilo da poboación. Alí improvisaron un aula para ensinar a ler ás nenas. Co tempo e o aumento de alumnas, en 1928 habilitouse unha casa doada na rúa Trinidade. En 1969, co comezo do curso en setembro, abría as súas portas no actual edificio da rúa Carlos III de Ribadeo[1]. En 2018 a directora é sor Purificación García González.

Notas editar

  1. Redacción (1/12/2018). "El colegio Sagrado Corazón inició los actos de su 50 aniversario, que se prolongarán hasta el 22 de junio". La Comarca del Eo (5151): p.7.