Colexio Oficial de Podólogos de Galicia
corporación profesional
O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (cuxo acrónimo é COPOGA) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins creada pola lei 2/1996, do 27 de decembro, por decisión unánime na Asemblea Xeral da Asociación Galega de Podoloxía.
Colexio Oficial de Podólogos de Galicia | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | colexio profesional ![]() | ||
Actividade | |||
Campo de traballo | podoloxía ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1996 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Santiago de Compostela ![]() | ||
Xurisdición | Galicia ![]() | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | copoga.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Obxectivos
editarOs seus obxectivos básicos son a promoción progresiva e xeral do desenvolvemento da podoloxía e a defensa os intereses xerais dos seus colexiados; comprometéndose coa súa representación e defensa, así como tamén, coa ordenación da podoloxía, a loita contra o intrusismo, a promoción da formación, e o coidado polo cumprimento das normas éticas e deontolóxicas.