Colectivo Oruga
grupo musical galego
Colectivo Oruga foi unha banda galega de indietrónica formada en Ponteareas. Estaba composta por Álex Mera (guitarras, sintetizadores, programación), Iago Martínez (voz, guitarras, programación, sintetizadores e samplers), e Cuco Pino (visuais, programación e theremin). O grupo publicou unha maqueta e dous álbums a través do selo compostelán Matapadre. Colectivo Oruga tamén participou no recompilatorio Manifesto Dobarrista, aportando o tema "Un poquiño de mambo... ou así".[1]
Colectivo Oruga | |
---|---|
Orixe | Ponteareas, ![]() |
Período | 2007 - 2013 |
Xénero(s) | indietrónica, electro rock |
Selo(s) discográfico(s) | A Regueifa, Matapadre |
Membros | Álex Mera Iago Martínez Cuco Pino |
Na rede | |
Bandcamp | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Ricos modernos | 2007 | A Regueifa | maqueta |
Too Many Knobs | 2010 | Matapadre | |
Paraíso Caníbal | 2013 | Matapadre |
Notas
editar- ↑ "Biografía de Colectivo Oruga - La Fonoteca". lafonoteca.net. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-08.