A locución latina cogito ergo sum, que en galego se traduce como penso, logo existo (ou penso, polo tanto, existo) ou máis tradicionalmente, penso, logo, eu son, é unha formulación filosófica de René Descartes, o cal se converteu no elemento fundamental do racionalismo occidental. Cogito ergo sum é unha tradución da formulación orixinal de Descartes en francés: "Je pense, donc je suis", atopado no seu famoso Discurso do método (1637).

René Descartes (1596 - 1650)

Aínda que a idea expresada en cogito ergo sum se atribúe a Descartes, moitos predecesores ofreceron argumentos similares, particularmente Agostiño de Hipona en De Civitate Dei (libros XI, 26), o cal se anticipa a modernos contrapuntos sobre o concepto. (Véxase Principios de filosofía 1, §7: Ac proinde haec cognitio, ego cogito, ergo sum, est omnium prima & certissima, quae cuilibet ordine philosophanti occurrat o que significa, "E polo tanto esta reflexión, penso logo existo, é a primeira e máis certa de todas cantas se lle presentan aos que filosofan ordenadamente")

Introdución editar

A locución cogito ergo sum non é utilizada no traballo máis importante de Descartes, as Meditacións metafísicas, pero o termo "O cogito" (ás veces confuso) é utilizado para referirse a un argumento del. Descartes sentiu que a frase, a cal usou no seu anterior Discurso, fora confundida no seu sentido aparecendo como unha inferencia, polo cal cambiouna a "Eu son, eu existo" (tamén chamado a primeira certeza) para evitar o termo cogito.