Cockatoo foi o nome dun foguete sonda australiano activo entre 1970 e 1976.[1]

Características

editar

Cockatoo foi un foguete de propelente sólido e dúas etapas que era lanzado desde Woomera. A primeira etapa consistía nun Gosling I británico e a segunda nun Lupus 1 australiano. Cunha masa de 400 kg, unha altura de 6,60 m e un diámetro de 0,26 m, podía chegar a alturas de ata 140 km. Lanzáronse un total de 28 Cockatoos, a maior parte en misións de estudo da concentración de ozono, radiación ultravioleta e condicións ionosféricas.[1]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2019). "Cockatoo" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2019.