Cobra de Esculapio
A cobra de Esculapio[2] (Zamenis longissimus) é unha especie de cobra da familia Colubridae. A súa zona de distribución forma parte do Paleártico de Europa e do occidente de Asia.[1][3] Cunha lonxitude de até 2 metros, atópase entre as meirandes cobras europeas, aínda que non é tan masiva como Elaphe quatuorlineata ou a cobra rateira. A serpe de Esculapio tivo unha grande importancia cultural e histórica polo seu papel na antiga mitoloxía grega e romana e o simbolismo derivado destas.
Cobra de Esculapio | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Zamenis longissimus (Laurenti, 1768) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Coluber aesculapi Lacepede, 1789 |
Distribución
editarHabita en gran parte da metade sur de Europa: dende a costa atlántica até os Balcáns, chegando a algunhas zonas de Turquía e tan lonxe como Irán. Na Península Ibérica só se atopa na zona dos Pireneos e nalgunhas zonas da Cordilleira Cantábrica.
En maio de 2020, a Sociedade Galega de Historia Natural publicou na revista Braña o avistamento da especie en Galicia por primeira vez.[4] A cita foi realizada por Jesús María Fariñas Álvarez no concello Nogueira de Ramuín, preto da beira do río Sil, nunha zona de castiñeiros.[2]
Comportamento
editarCarente de veleno, depreda sobre roedores, ovos, aves e outros réptiles, aos que afoga mediante constrición. As femias producen 5-8 ovos en xuño ou xullo.
Simbolismo
editarO seu nome vernáculo débese a que historicamente se representou a Asclepio, deus grego da medicina, cun caxato sobre o cal se enrolaba un exemplar da especie. Este caxato, denominado caxato de Esculapio (⚕), difire do caduceo de Hermes, deus das viaxes e o comercio, no cal aparecen dous exemplares e non só un.
-
O clásico caxato de Asclepio como símbolo da medicina humana.
-
A forma de V como símbolo da medicina veterinaria.
-
A cobra de Esculapio coa copa de Hixía como símbolo da farmacia.
-
Estatua de Esculapio co caxato e a cobra.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Aram Agasyan, Aziz Avci, Boris Tuniyev, Jelka Crnobrnja Isailovic, Petros Lymberakis, Claes Andrén, Dan Cogalniceanu, John Wilkinson, Natalia Ananjeva, Nazan Üzüm, Nikolai Orlov, Richard Podloucky, Sako Tuniyev, Uğur Kaya, Wolfgang Böhme, Rastko Ajtic, Milan Vogrin, Claudia Corti, Valentin Pérez Mellado, Paulo Sá-Sousa, Marc Cheylan, Juan Pleguezuelos, Bartosz Borczyk, Benedikt Schmidt, Andreas Meyer (2009). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ 2,0 2,1 GCiencia, ed. (1 de xuño de 2020). "Citan por primeira vez en Galicia unha serpe propia do noreste da península ibérica". Consultado o 2 de xuño de 2020.
- ↑ "Zamenis longissimus (Laurenti, 1768)". Reptile Database. Reptarium. Consultado o 2 de xaneiro de 2014.
- ↑ Fariñas Álvarez, Jesús María. "Primeira cita de Zamenis longissimus (Laurenti, 1768) (Colubridae, Squamata) en Galicia" (PDF). Braña. Consultado o 2 de xuño de 2020.