Clyde Tombaugh
Clyde William Tombaugh, nado en 1906 e finado en 1997, foi un astrónomo norteamericano, máis coñecido pola súa descuberta do planeta anano Plutón, en 1930. Tamén foi o descubridor de moitos asteroides e axudou na investigación de Ovnis.
Clyde William Tombaugh | |
---|---|
![]() Clyde Tombaugh no Observatorio Lowell | |
Datos persoais | |
Nacemento | 4 de febreiro de 1906 |
Lugar | Streator, Illinois, Illinois Estados Unidos |
Falecemento | 17 de xaneiro de 1997 (90 anos) |
Lugar | Las Cruces, Novo México Estados Unidos |
Nacionalidade | ![]() |
Actividade | |
Campo | Astrónomo |
Alma máter | Universidade do Kansas, Universidade do Norte do Arizona e Universidade Estadual do Kansas |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | descubrir Plutón |
Premios | Medalha Jackson-Gwilt |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nado en Streator, Illinois, a súa familia mudouse pouco despois para Kansas. Tombaugh construíu o seu propio telescopio e enviaba bosquexos das súas descubertas ó Observatorio Lowell. Grazas a isto tivo unha oferta de emprego. Tombaugh traballou no Observatorio Lowell de 1929 ata o 1945.
Despois de descubrir Plutón, Tombaugh recibiu a graduación en astronomía nas universidades de Kansas e de Arizona. Traballou tamén no campo dos mísiles de White Sands, e deu clases na Universidade Estatal de Novo México de 1955 ata a súa xubilación, en 1973.