Club Xadrez Fontecarmoa

club deportivo galego

O Club Xadrez Fontecarmoa (CXF), é un club de xadrez da localidade arousá de Vilagarcía de Arousa, federado na Federación Galega de Xadrez.[1] Adestra e xoga as partidas da Liga Galega de Xadrez na Casa da Xuventude de Vilagarcía de Arousa. O seu nome provén dunha das parroquias da vila, Fontecarmoa, na que está o instituto de educación secundaria e formación profesional no que se formou.

Club Xadrez Fontecarmoa
Tipoclub deportivo
Deportexadrez
SedeVilagarcía de Arousa
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

É coñecido por ter a mellor canteira de xogadores da comunidade, e conta con varios Mestres Internacionais.[2] Na tempada 2013-2014, contou con 15 equipos e unhas 150 licenzas federativas, copando a clasificación galega en ámbalas dúas categorías. Así mesmo, é o club con maior número de licenzas femininas do país, cun 25%.[3]

Historia editar

O club formouse a mediados dos anos 80 no I.F.P Fontecarmoa, dada a afección xadrecista por parte dalgúns estudantes e profesores do centro, e por iniciativa dun histórico do xadrez vilagarcián, Adolfo Pedrido. Nos seus primeiros anos estivo á sombra da outra entidade da vila, a sección de xadrez do Liceo Marítimo de Vilagarcía de Arousa. A raíz da desaparición deste último club no ano 200, algúns dos seus compoñentes comezaron a migrar cara a outros galegos, pero tamén ao CXF. Xunto cun bo traballo da directiva co deporte de base, o club medrou de forma espectacular na primeira década do século XXI ata chegar a ser o club de xadrez galego con máis equipos inscritos na Liga Galega de Xadrez e o que conta cun maior número de licenzas federativas.[4]

Torneos editar

A competición na que participan a meirande parte dos xogadores é a Liga Galega de Xadrez, que se disputa dende xaneiro ata abril; aínda que dado o carácter eminentemente xuvenil da entidade destaca a participación nos campionatos zonais, así coma nos campionatos galegos, no circuíto escolar e no prestixioso torneo Peón de Oro. Os mellores xogadores tamén teñen disputado os campionatos de España e incluso os campionatos europeos.[5]

O club organiza así mesmo numerosos torneos, coma os amigables nas noites de verán.[6]

Palmarés editar

Tempada 2006-2007 editar

  • Mellor Club Deportivo do Concello de Vilagarcía (ano 2006).

Tempada 2007-2008 editar

Tempada 2008-2009 editar

  • Mellor Club Deportivo do Concello de Vilagarcía (ano 2008).

Tempada 2009-2010 editar

  • Dúas das súas promesas, participan no Campionato Mundial de Xadrez.[7]

Tempada 2010-2011 editar

Tempada 2011-2012 editar

Tempada 2012-2013 editar

  • O seu equipo cadete, subcampión de España.[8]
  • O seu equipo cadete, premio de Mellor deportista vilagarciano do ano 2012, concedido no ano 2013.[9][10]
  • O seu xogador Julio Suárez, campión de España de xadrez rápido sub16.[11]

Tempada 2013-2014 editar

Outros editar

  • Campións Galegos Infantís por equipos masculino e feminino.
  • Varios campións e campioas autonómicos cada tempada.

Patrocinio editar

A entidade conta con numerosos patrocinadores privados: McDonald's, Porto de Vilagarcía, Sold Out, Empresa Pereira, Caixanova, Caixa Galicia, Deportes Rodas, Valdumia, Limpiezas All Cleaning, Restaurante A Pedra, Baños Print, Yupi ya, Cafetería La Marina...

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar