Club Voleibol Almería

O Club Voleibol Almería é un equipo de voleibol masculino da cidade de Almería, Andalucía (España). O club foi fundado en 1986 e actualmente compite na Superliga, a máxima competición de clubs de voleibol do estado español.

Historia

editar

O club foi fundado en 1986 por iniciativa dun grupo de estudantes. O seu primeiro grande éxito chegou en 1995, cando da man da entidade bancaria Unicaja o potencial do club subiu e culminou coa consecución da Copa do Rei. O seu primeiro título de liga chegou en 1997 e conseguiu sete títulos ligueiros máis ata o 2005. En 1998 chegou á final da Copa de Europa, perdendo fronte ao Unibon Modena.

Palmarésa

editar
  • 8 Superligas: 1996-97, 1997-98, 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2002-03, 2003-04 e 2004-05.
  • 7 Copas do Rei: 1994-95, 1997-98, 1999-99, 1999-00, 2001-02, 2002-03 e 2006-07.
  • 3 Supercopas: 2002, 2003 e 2007.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar