Cleopatra Stratan

cantante moldava

Cleopatra Stratan, nada en Chișinău (Moldavia) o 6 de outubro de 2002, é unha cantante romanesa. Filla do cantante Pavel Stratan, con tan só catro anos conseguiu, en menos de 10 meses, colocar o seu sinxelo Ghita no número un das listas de vendas do seu país despois de que o seu primeiro videoclip recibise máis de millón e medio de visitas en YouTube.

Infotaula de personaCleopatra Stratan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 2002 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
Chișinău, Moldavia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMoldavia
Romanía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica para crianças (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua romanesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEdward Sanda (2021–)
PaiPavel Stratan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webfamiliastratan.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: CleopatraStratanOficial Instagram: cleopatrastratan Musicbrainz: 5a8f33ef-1a15-4961-918a-e6a00a44858e Discogs: 1235413 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cleopatra tivo tres nomeamentos para os premios MTV de Romanía, á mellor canción, ao mellor álbum e á mellor artista revelación. Foi o pasado verán cando contaba con tan só tres anos e publicou o seu primeiro disco en solitario, La varsta de tre ani ("Á idade de tres anos"), do que vendeu máis de 130.000 copias.

Tamén ofreceu o seu primeiro concerto ante 400 persoas cunha duración de dúas horas, no que ademais de actuar fixo de presentadora, o que foi considerado por moitos como un claro caso de explotación infantil. Segundo Libertatea, un diario romanés, por cada canción interpretada en directo cobraba 1000 euros, un diñeiral para un país no que o soldo mensual medio é de 300 euros.

Ante as críticas suscitadas sobre se Cleopatra era explotada polo seu contorno, Pavel Stratan anunciou, a finais de 2006, que a súa filla non volvería aos escenarios nun ou dous anos, momento no que publicase o seu seguinte álbum.

A pesar do parón voluntario, o fenómeno Cleopatra Stratan non ten freo e xa traspasou fronteiras grazas a webs como YouTube, onde máis dun millón e medio de usuarios xa viron o videoclip de "Ghita" (que pode traducirse como "Xurxiño"), no que Cleopatra, cun look da década de 1960 e unha gran maleta vermella na man, espera a Ghita na rúa.

En 2008, Cleopatra publicou o seu segundo álbum titulado La Varsta De 5 Ani coa canción "Zunea-Zunea". O 13 de decembro de 2008, naceu o seu irmán Cezar (nome escollido por Cleopatra). En outono de 2009 publicou o seu terceiro álbum, Colinde magice, con versións de panxoliñas tradicionais romanesas, colinde, como álbum de Nadal. Despois de tres anos, en 2012, estreou o seu cuarto álbum, Melodii Pentru Copii, que non tivo o éxito dos anteriores.

Álbums editar

  • La vârsta de 3 ani (2006, lonxitude total: 38:16)
  1. "Ghiță" - 3:17
  2. "Cuțu" - 3:03
  3. "Te-am întâlnit" - 2:34
  4. "Șansa" - 2:22
  5. "Noapte bună!" - 3:54
  6. "Surprize" - 3:23
  7. "Număr pân' la unu"
  8. "Mama" - 3:58
  9. "De ce?" - 4:15
  10. "Zuzu-zuzu" - 2:08
  11. "Oare cât?" - 2:01
  12. "Pasărea pistruie" - 3:44
  • La vârsta de 5 ani (2008, lonxitude total: 32:25)
  1. "Zunea-Zunea" - 2:59
  2. "Elefantul și furnica" - 3:04
  3. "Lupul, iezii și vizorul" - 4:17
  4. "Vino, te aștept" - 3:00
  5. "Cățeluș cu părul creț" - 3:28
  6. "Dăruiește" - 3:45
  7. "Gâște-gâște" - 2:43
  8. "Melc-melc" - 2:42
  9. "Refrenul dulcilor povești" - 3:00
  10. "Va veni o zi într-o zi" - 3:27
  • Crăciun Magic (Magic Christmas) (álbum de Nadal de 2009, lonxitude total: 43:48)
  1. Domn, Domn, să-nălțăm (Lord, Lord Be Blessed) 3:10
  2. Îngerii șoptesc (Angels Whisper) 3:38
  3. Steaua sus răsare (The Star Rises Up) 2:44
  4. Deschide ușa, Creștine (Open The Door, Christian) 5:33
  5. A venit, a venit iarna (The Winter Has Come) 3:41
  6. La Betleem colo-n jos (Down There In Bethlehem) 3:02
  7. Într-un miez de noapte (In A Midnight) 3:50
  8. Leru-i Doamne (Oh Lord) 4:19
  9. Florile dalbe (White Flowers) 3:04
  10. Seara de Crăciun frumos (Beautiful Christmas Night) 4:23
  11. Astăzi s-a Născut Hristos (Christ Was Born Today) 2:42
  12. Maria și Iosif colindă (Mary And Joseph Wander) 3:04
  • Melodii Pentru Copii (2012) (1 de xuño de 2012)
  1. "Când Voi Crește Mare"
  2. "Moș Martin"
  3. "Mama Mea e Cea Mai"
  4. "Vesel Iepuraș"
  5. "Frățiorul Meu"
  6. "Trei Buburuze"
  7. "Hopa-hop"
  8. "Ursulețul Bambulică"
  9. "Pentru Noi Doi"
  10. "Parcul Zoologic"
  • #1 Youtube Trending en Romanía (2018) (12 de xuño de 2018)
  1. "Te las cu inima" - Máis de catro millóns de visitas nunha semana

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar