Claudia Molina

actriz española

Claudia Molina, nada en Barcelona o 19 de novembro de 1985, é unha actriz española.

Modelo:BiografíaClaudia Molina

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, cantante Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0596670 Twitter: claudiamolinaof Instagram: claudiamolinaof Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Aos 9 anos realizou o seu primeiro anuncio para El Caserío. Aos 12 anos trasladouse coa súa nai a Madrid cando lle saíu a rodaxe da serie De tal Paco tal Astilla.

Despois do seu primeiro anuncio chegaría a primeira película de Claudia, La Moños, onde mantivo unha relación moi cálida coa directora Mireia Ros e con todo o equipo. Non obstante, a popularidade chégalle grazas á súa participación en series como Calle Nueva e, sobre todo, Ana y los siete. Foi nesta comedia de Ana Obregón onde Claudia se decatou de que quería ligar a súa vida para sempre ao mundo da interpretación.

Claudia creceu rodeada de focos e de cámaras, facendo camiño en filmes como Cosas que olvidé recordar ou No digas nada. Ademais de ocasional presentadora televisiva, Claudia é unha experta en baile, xa que participou na primeira edición do popular concurso ¡Mira quién baila! presentado por Anne Igartiburu e proclamouse gañadora. Tamén fixo teatro a grande escala da man de Antonio del Real e a obra Los 80 son nuestros.

Filmografía

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar