Clasificación Decimal Universal

sistema de clasificación da información

A Clasificación Decimal Universal ou CDU é un sistema de clasificación do coñecemento que nace da necesidade de ordenar e catalogar as obras nas bibliotecas.

Melvil Dewey, bibliotecario do Amherst College en Massachusetts, Estados Unidos, creou en 1876 o Sistema Dewey de clasificación. Este sistema foi adaptado por Paul Otlet e Henri A Fontaine e publicado por primeira vez en lingua francesa entre 1904 e 1907 co nome de Clasificación Decimal Universal. Desde entón foi continuamente revisado e desenvolvido e demostrou ser un sistema moi flexible e efectivo para clasificar e ordenar fondos bibliográficos. Baséase na ordenación do coñecemento a través de díxitos. A un grupo principal asígnaselle un díxito, do 0 ao 9, e a cada nivel que deba ser creado dentro do grupo engádeselle un novo díxito. Un exemplo de tres niveis é o seguinte:

3 - Ciencias sociais
34 - Dereito
341 - Dereito internacional.

Características e principios da CDU editar

Esta clasificación intenta dividir todo o coñecemento en dez grandes campos, os cales corresponderán ás táboas principais. Cada unha está constituída por un só número:

Cada táboa divídese á súa vez noutros dez grupos, e así sucesivamente sen límite; trátase dunha clasificación decimal. A notación estrutúrase utilizando números arábigos que non funcionan como números enteiros.