Claridades foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1913 e 1916.

Claridades
LocalidadeMonforte de Lemos
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Foi un periódico combativo, subtitulado Revista Semanal. Órgano de la Liga de Defensa Local. Apareceu o 14 de maio de 1913, e estivo dirixido por Carlos Vázquez Mariño ata o número 3, cando foi substituído por Antonio Rodríguez Somoza. O administrador era Enrique Iglesias Velmar. Tiña as seccións fixas Poesías, Sección municipal e Por el inalámbrico. Casa todos os artigos están asinados con pseudónimos e dos poucos colaboradores dos que se coñece o nome destacan Julio Rupérez Lecea e Xavier Bóveda. Tiña ilustracións da autoría de Antonio Mariño.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. pp. 51–52. ISBN 84-8192-024-X. 
  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 222–226. ISBN 84-8192-110-6.