Clara Law

directora de cinema australiana

Clara Law Cheuk-yiu[1] (en (en chinés); simplificado: 罗卓瑶; pinyin: Luó Zhuóyáo; Jyutping: lo4 coek3 jiu4), nada en Macau o 29 de maio de 1957, é unha directora da Segunda Vaga de Hong Kong establecida en Australia.

Clara Law
Nacemento29 de maio de 1957
Lugar de nacementoMacau
NacionalidadeAustralia
Alma máterUniversidade de Hong Kong
Ocupacióndirectora de cine e guionista
CónxuxeEddie Fong
Na rede
IMDB: nm0492309 Allocine: 64438 Allmovie: p98917 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Clara Law naceu en Macau,[2] mais os dez anos mudouse a Hong Kong. Estudou na Universidade de Hong Kong e graduouse en literatura inglesa.

En 1978 uniuse á Radio Televisión de Hong Kong como axudante de produción e dirección. Durante ese tempo traballou en moitos aspectos da televisión, dende o guión á dirección, dirixindo doce programas. En 1982 comezou a estudar dirección e escritura de cinema no National Film and Television School no Reino Unido.[3] Gañou o Silver Plaque Award no Festival de Cinema de Chicago de 1985 polo seu filme de graduación, They Say the Moon is Fuller Here.[4]

1985–1994Editar

En 1985 volveu a Hong Kong e comezou a desenvolver a súa primeira longametraxe, Wo ai tai kong ren, estreada en 1988.[5] Dende a súa volta, traballou con Eddie Fong en todos os seus proxectos.

En 1989 realizou o seu segundo filme, Pan Jin Lian zhi qian shi jin sheng, que se programou no Festival de Toronto e foi estreado comercialmente nos Estados Unidos. O ano seguinte dirixiu Ai zai bie xiang de ji jie, que gañou o premio especial do xurado no Festival de Turín e lle valeu unha candidatura á mellor dirección nos Premios do Cinema de Hong Kong.

En 1992 dirixiu e produciu Qiu yue, que foi un éxito no circuíto de festivais. Posteriormente estreou You Seng e en 1994 finalizou un episodio do filme Erotique títulado Wonton Soup. A finais dese mesmo ano, ela e Eddie Fong mudáronse a Australia.[6]

Dende 1994Editar

O primeiro filme de Clara Law tras chegar a Australia foi Fu sheng, completado en 1996, e que gañou premios no Festival de Locarno e recibiu tres candidaturas nos Australian Film Institute Awards incluídos os de mellor dirección e mellor guión. Fu sheng foi o candidato australiano ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. A continuación rodou filmes como The Goddess of 1967 e Ru meng, que recibiu nove candidaturas aos Golden Horse Awards. Tamén realizou a curtametraxe Red Earth, que se proxectou no Festival de Cinema de Venecia de 2010.[6]

FilmografíaEditar

Ano Título orixinal Título en inglés Notas
1977 Below the Lion Rock
1980 Police Drama
1981 Faces and Places
1985 They Say the Moon is Fuller Here
1988 Wo ai tai kong ren The Other Half and the Other Half
1989 Pan Jin Lian zhi qian shi jin sheng The Reincarnation of the Golden Lotus
1990 Ai zai bie xiang de ji jie Farewell China
1991 Yes! yi zu Fruit Punch
1992 Qiu yue Autumn Moon
1993 You Seng Temptation of a Monk
1994 Erotique Erotique Episodio Wonton Soup
1996 Fu sheng Floating Life
2000 The Goddess of 1967 The Goddess of 1967
2004 Letters to Ali Letters to Ali Documental
2009 Ru meng Like a Dream
2010 Red Earth Red Earth
2015 Bao zou shen tan The Unbearable Lightness of Inspector Fan Tamén coñecido como Shanghai Noir

NotesEditar

  1. "Clara Law Arquivado 08 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.." (biography) The New York Times. Consultado o 22 de decembro de 2013.
  2. Lee 2003
  3. Lee 2003, para. 2
  4. Podvin 2010, para. 2
  5. Lee 2003, para. 3
  6. 6,0 6,1 Podvin 2010

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Podvin, Thomas, Hong Kong Cinemagic, 2010.
  • Lee, Dian, Senses of Cinema, 2003.
  • Tong, Nancy, "From the Chinese Diaspora to a Global Dream: A Discussion With Filmmakers Clara Law and Eddie Fong", Hong Kong Cinemagic, 2010.
  • Shen, Shiao-ying. "Filming One's Way Home: Clara Law's Letters to Oz." In: Wang, Lingzhen. Chinese Women's Cinema: Transnational Contexts. Columbia University Press, 13 de agosto de 2013. Start page 16. ISBN 0231527446, 9780231527446.

Ligazóns externasEditar

NotasEditar