Cláusula (música)

A cláusula, en música, é unha peza curta, que se logra despois de agregar un intervalo de cuarta, quinta ou oitava á voz que leva o canto gregoriano (Tenor) e era usada na música medieval. Require polo menos dúas voces en modo contrario. A cláusula era unha parte en que á liña do tenor quen era a base agregábaselle unha voz superior que ía complementando o canto do tenor por medio de melismas, isto é, máis de dúas notas para unha soa sílaba de texto. O compositor aumenta o tempo da peza e escribe deseños rítmicos curtos, repetíndose por toda a cláusula (peza). Se a voz superior vai considerablemante máis rápido que o tenor e contrapunteando a este, chámaselle discanto. Segundo Carl Dahlhaus (1990) "no afastado século XIII o semitono era considerado un intervalo problemático non comprensible facilmente". Nun semitono melódico ningunha "diferenza era percibida entre o ton superior e o inferior, e á inversa. O segundo ton non era considerado o traguardo do primeiro. No seu lugar, o semitono evitábase na cláusula porque era menos claro que un intervalo".

A comezos do século XIII as cadencias comezaron a enriquecerse, nunha voz, movementos do semitono, e noutros movementos, de tons en sentido contrario. A cláusula foi utilizada principalmente pola chamada Escola de Notre Dame.