Sandía

especie de planta
(Redirección desde «Citrullus lanatus»)

A sandía (Citrullus lanatus) é unha planta e un froito orixinario de África tropical. Encontráronse vestixios, dos que se deduce, que xa existía no antigo Exipto. De aí pasou aos países bañados polo Mediterráneo. Ao Continente Americano chegou grazas a países Europeos, como España e Portugal. É un alimento moi rico en vitamina A. É un dos froitos de maior tamaño de cantos se coñecen e pode acadar ata os 10 quilos de peso.

Watermelon Juice

Clasificación editar

 
Sandía melchora

É unha planta herbácea, que pertence á familia das Cucurbitáceas é parente de froitas coma o melón ou o cabazo; crece da planta chamada sandieira. Necesita climas cálidos ou tropicais.

Principais produtores editar

Os países principais produtores de sandías son: Turquía, Grecia, Italia, España, a China e o Xapón.

Notas editar

 
Anacos de sandía

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.