Cindazunda

princesa do Reino Suevo de Galicia

Cindazunda foi filla do rei suevo de Galicia Hermerico e princesa de Gallaecia. Casou a principios do século V co rei dos alanos Ataces.

Infotaula de personaCindazunda
Actividade
Ocupaciónprincesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAtaces Editar o valor em Wikidata
PaiHermerico Editar o valor em Wikidata

Lenda de Coímbra editar

Ataces despois de conquistar Aeminium e Conímbriga, decidiu fundar outro asentamento na marxe dereita do río Mondego no lugar de Aeminium. Cando Ataces dirixía a construción desta nova cidade chamouna Colimbria, a actual Coímbra, en honra á antiga Conímbriga. ⁣Hermerico e o seu exército apareceron para tomar posesión da cidade. O combate entre as dúas faccións foi tan cruento que as augas do Mondego acabaron por tinguirse de vermello. Hermerico retirouse cara ao norte, pero Ataces foi tras el e o rei suevo viuse obrigado a pedir a paz. Para iso, ofreceulle ao vencedor a man da princesa Cindazunda, a súa filla. Como é habitual nestes casos, a lenda di que Cindazunda era extremadamente fermosa e que Ataces pronto se namorou dela. A parella real chegou de camiño a Coímbra acompañada do seu pai e axiña se realizaron os casamentos e unha voda con toda a magnificencia. Para conmemorar un acontecemento tan extraordinario Hermerico e Ataces entregáronlle á cidade de Coímbra os seus escudos, que aínda hoxe segue sendo o escudo de Coímbra: a doncela coroada é Cindazunda, a copa representa o matrimonio, o león é o selo de Ataces e o dragón ou serpe alada o selo de Hermerico.[1][2][3]

 
Escudo actual de Coímbra.

Notas editar

  1. "Heráldica, Coimbra Cámara Municipal". 
  2. "Escudo de armas da Cidade de Coímbra". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2022. Consultado o 05 de outubro de 2022. 
  3. "Lendas". Castelos e Muralhas do Mondego.