Cinco montañas sagradas do taoísmo

artigo de listas da Wikimedia

As cinco montañas sagradas do taoísmo, tamén chamadas cinco grandes montañas, están distribuídas de acordo ás direccións cardinais da xeomancia chinesa. Segundo a mitoloxía chinesa, estas cinco montañas orixináronse do corpo de Pangu, primeiro ser e creador do mundo. A súa lenda, base do taoísmo, di así:

Localización das cinco montañas sagradas do taoísmo (puntos vermellos) e os catro montes sagrados do budismo (estrelas violetas).

«Na antigüidade non existían nin o ceo nin a terra. O universo era un caos en forma de ovo onde se xestaba ao gran deus Pangu. Cando este naceu, o ovo rompeuse en dúas metades, as materias lixeiras eleváronse formando o ceo, e as densas quedaron abaixo formando a terra. Despois de mil anos sostendo o ceo, crecendo cada día e separándoo da terra, morreu o seu corpo para dar lugar ao que coñecemos hoxe. O seu ollo esquerdo converteuse no sol, o dereito na lúa, o seu derradeiro folgo transformouse en nubes, as palabras en tronos e os seus cabelos en estrelas. A súa cabeza, brazos e pés crearon os catro puntos cardinais, da súa sangue naceron os ríos e dos seus tendóns os camiños»

O monte Tai, ao ser o máis oriental, asóciase coa saída do sol, representando renacemento e renovación, polo que se considera o máis importante dos cinco e crese que se formou a partir da cabeza de Pangu. Do monte Heng en Hunan procedería do brazo dereito, e do monte Heng en Shanxi, o esquerdo. O monte Song sería o seu embigo, e o monte Hua os seus pés.

Galería de imaxes editar