Icía

nome feminino
(Redirección desde «Cilla»)

Icía[1] (tamén Cecilia[1], Cilla[1], Cecía[1], Cía ou Sía) é un nome feminino galego de orixe latina: Cæcilla que significa: cegueira ou ceguiña [de Cæcus (cego) e illius/illa (diminutivo)]. A Gens Cecilia era unha das grandes familias da República Romana.

O nome está moi relacionado cos nomes Celia (variantes: Celeste, Celestina, Celina e Celsa) provenientes tamén do latín e co significado: pertencente ao ceo.

Santoral editar

 
Santa Icía é a patroa dos músicos.

Santa Icía (en latín, sancta Caecilia), santa padroa dos músicos, foi unha nobre romana convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe entre os anos 180 e 230.

A principal festa de Santa Icía celébrase o 22 de novembro.

Santas
Beatas

Estatísticas editar

Galicia

Non é un nome moi común en Galicia, pero si en Asturias. Santa Cecilia, Cilla ou Sía é padroa de catro parroquias en Galicia: Freán, O Saviñao; Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol; Santa Cilla do Valadouro, Foz e Santa Sía de Roma, Zas.[2] 1.150 mulleres levan o nome Cecilia en Galicia[cando?]. As variantes Cilla (menos de cinco persoas) e Cecía (seis persoas) [3] están en desuso[4]. Como curiosidade, a variante galega Cilla tamén é usada en Suecia e Holanda.

Noutros lugares

É un nome popular nos Estados Unidos de América (entre os 500 primeiros nomes de nenas). Tamén é dos nomes máis populares de Suecia a comezos do século XXI.[5]

Variantes editar

En galego
  • Cecilia, Cilla, Cecía, Cecia, Icía.

Existe o masculino Cecilio.

Noutras linguas
Variantes masculina

Algúns persoeiros editar

Galegas
Outras

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17. 
  2. "Santa Sía de Roma. Zas polo miúdo". www.concellodezas.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-09. 
  3. "IGE". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  4. Instituto Nacional de Estadística
  5. Behind the Name
  6. Behind the Name

Véxase tamén editar

Outros artigos editar