A ciencioloxía é un sistema de crenzas, ensinanzas e rituais, orixinariamente establecidas como unha filosofía secular en 1952 polo escritor de ciencia ficción L. Ron Hubbard, quen en 1953 reformulou a ciencioloxía nunha filosofía relixiosa aplicada.

Características

editar

Está principalmente representada pola Igrexa da Ciencioloxía, aínda que existen grupos disidentes coñecidos como Zona Libre, e baséase no libro de Hubbart, Dianetics: The Modern Science of Mental Health (1950), considerada relixión nalgúns países e seita noutros.

As crenzas centrais da ciencioloxía son que cada persoa é un ser espiritual inmortal que posúe unha mente e un corpo, e que as persoas son basicamente boas. Para acadar a salvación definitiva hai que levar unha vida de mellora espiritual.

Para a ciencioloxía hai tres compoñentes básicos interrelacionados, que son o fundamento do benestar: afinidade, realidade e comunicación, o que Hubbard chamou o triángulo ARC.