Quebec (cidade)
Quebec (en francés: Québec) é a capital da provincia canadense do Quebec. Conta con 500.691 habitantes (2007) e 720.000 na súa área metropolitana (2006) o que a converte na segunda cidade da provincia por detrás de Montreal.
HistoriaEditar
Fundou a cidade Samuel de Champlain o 3 de xullo de 1608 como un posto fortificado nas proximidades dun asentamento iroqués abandonado de nome Stadaconé. A fins do século XVII o gobernador Louis de Buade de Frontenac aumenta o territorio fortificado tras a tentativa do almirante inglés William Phips de conquistala, aumentando a súa poboación non militar, por volta de 1763 a vila de Quebec tiña arredor de 8.000 habitantes.
XeografíaEditar
División territorialEditar
Quebec divídese en seis distritos (arrondissements)
- La Cité–Limoilou
- Les Rivières
- Sainte-Foy–Sillery–Cap-Rouge
- Charlesbourg
- Beauport
- La Haute-Saint-Charles
Estes distritos divídense subdivídense en 35 barrios (quartiers) e mais en 27 distritos electorais.
EnclavesEditar
Dentro do núcleo urbano de Quebec hai tres territorios que administrativamente non pertencen á cidade de Quebec: a vila de L'Ancienne-Lorette, a reserva huronne-wendate de Wendake e o pequeno municipio de parroquia de Notre-Dame-des-Anges.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Quebec |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |