Cegoña negra
A cegoña negra (Ciconia nigra) é unha especie monotípica, e considérase como o taxón máis primitivo do xénero Ciconia (del Hoyo et al. 1992). Algo menor que a familiar cegoña branca, ten unha altura de 90–100 cm, e unha envergadura que supera os 160 cm. O peso aproximado é de 3 kg. O adulto presenta unha plumaxe negra pola súa parte dorsal: pescozo, cola e peito, con irisacións “metálicas” verdes e moradas, moi patentes na cabeza, o pescozo, o dorso e as cobertoiras alares. As partes inferiores teñen plumas brancas na zona axilar, zona ventral, coxas e infracobertoiras caudais, que son extraordinariamente longas.
Cegoña negra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
No Parque Nacional Kruger, Suráfrica | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Ciconia nigra' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Visitante de verán (distribución aproximada)Residente todo o ano Visitante de inverno |
Nos adultos, a carúncula (o "anel" arredor do ollo), pico e patas, ausentes de plumas, presentan unha cor vermella intensa que produce unha marcada contraste coa cor branca e negra da plumaxe. O iris é marrón.
Non existe dimorfismo acusado entre macho e femia. O macho presenta un tamaño algo maior, e a estrutura do pico nalgúns exemplares pode chegar a ser moi patente, cun pico máis robusto e algo curvo respecto á femia.
Os individuos novos cando abandonan o niño diferéncianse dos adultos porque a carúncula, patas e peteiro non teñen cor vermella, e a plumaxe dorsal, a da cabeza e o pescozo non é negra. A cor da carúncula é marrón ou parda agrisada, a do peteiro e patas varía entre branca agrisada a verde oliva ou amarelo. As plumas da cabeza, pescozo e peito son de cor marrón, coas puntas brancas, o que lle confire un aspecto pencado. O resto da plumaxe do dorso é tamén de tonalidades marróns escuras, o que fai que no campo as aves novas teñan dorsalmente un aspecto marrón achocolatado.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Ciconia nigra". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cegoña negra |