O motor de ciclo Atkinson é un tipo de motor de combustión interna, inventado por James Atkinson en 1882. O ciclo Atkinson deseñouse para ofrecer maior eficiencia a expensas da potencia, estanse empezando a aplicar nas aplicacións híbridas modernas.

Ciclo rotativo Atkinson

editar
 
Máquina de ciclo rotativo Atkinson

O ciclo Atkinson pode usarse nunha máquina rotativa. Este tipo de máquina retén unha fase de potencia por revolución, xunto cos diferentes volumes de compresión e de expansión, do ciclo orixinal Atkinson. Os gases de escape se expelen da máquina por ar comprimido. Esta modificación do ciclo Atkinson permite o uso alternativo de combustible tipo Diésel e hidróxeno.

Deseño

editar
 
Ciclo termodinámico dun motor Atkinson.

O motor de ciclo Atkinson orixinal, está baseado no de ciclo Otto.

O ciclo de Atkinson ideal consta dos seguintes pasos:

  1. Compresión adiabática
  2. Adición de calor a volume constante
  3. Expansión adiabática
  4. Rexeición de calor a presión constante

A relación de expansión difire da de compresión, iso provoca que poida alcanzar maior eficiencia que un motor de ciclo Otto. Mentres que o motor que deseñou Atkinson non é máis que unha anécdota histórica, o ciclo Atkinson esta sendo implantado en novos motores grazas a que ofrece unha importante redución de combustíbel, con respecto ao ciclo Otto.

A desvantaxe dun motor con ciclo Atkinson sobre o tradicional de ciclo Otto, é que ofrece menos potencia.

Actualmente existen varios modelos de coches que montan un motor de ciclo Atkinson, todos eles en combinación con motores eléctricos, dando lugar aos chamados coches híbridos. Entre estes vehículos destacan o Toyota Prius e o Ford Escape.