Cicely Thompson

enxeñeira nuclear

Cicely Thompson, nada o 9 de xuño de 1919 en Great Ouseburn (Inglaterra) e finada o 3 de febreiro de 2008, foi unha enxeñeira nuclear.[1] [2]

Infotaula de personaCicely Thompson
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1919 Editar o valor em Wikidata
Acomb, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
President of the Women's Engineering Society (en) Traducir
1965 – 1965
← Dorothy Cridland (en) TraducirRose Winslade (pt) Traducir →
President of the Women's Engineering Society (en) Traducir
1963 – 1963
← Isabel HardwichDorothy Cridland (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Biografía editar

Jane Cecily Thompson era fila de James Osbert Thompson e Jane Harrision Highmoor. O seu pai era arquitecto-aparellador. [2]

Thompson estudou matemáticas no Girton College de Cambridge.[3] Adicouse á enxeñería cando se uniu ao servizo de electricidade de Leicester, comezando unha carreira no deseño e desenvolvemento de centrais eléctricas. [4]

Carreira editar

En 1956, Thompson uniuse ao John Thompson Group of Associated Electrical Industries (AEIJTG) e foi a única muller dos equipos que deseñaron dúas centrais nucleares para a Central Electricity Authority, incluíndo a planta Hinckley Point B e máis tarde a central Dungeness Electric. [4]

En 1958, uniuse á Institución de Enxeñeiros Eléctricos e fíxose membro en 1986. [4]

En 1980, traballou como enxeñeira de proxectos en Nuclear Power Co (Risley). Recibiu un MBE en 1980 polo seu traballo na industria nuclear.[5] [4]

Apoio ás mulleres na enxeñaría editar

Thompson uniuse á Women's Engineering Society (WES) en 1947. En 1972, Thompson fixo unha xira por Gran Bretaña dando conferencias "Verena Holmes", deseñadas para animar a máis nenas a estudar enxeñería. [4]

Entre 1977 e 1981, Thompson foi membro do comité da rama de Manchester da Women's Engineering Society. Foi elixida presidenta de WES en 1963 e 1965, sucedendo a Isabel Hardwich no cargo en 1963. [6][7][8] Thompson non puido cumprir os dous anos completos no cargo debido ao seu traballo en Italia, e foi substituída por Dorothy Cridlan, pero retomou a presidencia en 1965. [6]

Falou na primeira Conferencia Internacional de Mulleres Enxeñeiras e Científicas (ICWES) en Nova York nun panel ao que tamén asistiu a enxeñeira australiana de telecomunicacións Olwen Wooster [9] e asistiu á segunda conferencia ICWES en Cambridge en 1967 .[10]

En 1989 publicou unha historia da Women's Engineering Society e en 1990 recibiu a Medalla Isabel Hardwich. [4]

Tamén foi elixida membro da Society of Women Engineers. [6]

Notas editar

  1. "Cicely Thompson" (en inglés). Consultado o 2021-03-10. 
  2. 2,0 2,1 "Jane Cicely Thompson - Graces Guide". Consultado o 2021-03-10. 
  3. MacCarthy, Fiona (1965-09-27). "A Woman in Power". p. 6. Consultado o 2021-10-12. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Celebrating Women In Engineering 1919-2019- The Women's Engineering Society
  5. The London Gazette, Supplement 48059, 7 Jan 1980, p298
  6. 6,0 6,1 6,2 "The Woman Engineer Vol 9". Consultado o 2021-03-11. 
  7. Branch Reports, The Woman Engineer, vol 12, pages 40,66,72,108,160
  8. "Women's Engineering Society". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 06 de decembro de 2021. 
  9. "Proceedings of the First International Conference of Women Engineers and Scientists (PDF). Society of Women Engineers. 1964." (PDF). 
  10. "The Woman Engineer Vol 10". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2021. Consultado o 2021-04-05.