Abrir o menú principal

Sergio Castro Gisbert, coñecido artísticamente como Chuty, nado en Madrid o 12 de febreiro de 1993 é un MC e freestyler español. Comezou a ser coñecido polo seu gran papel na rexional de Madrid da "Red Bull Batalla de los Gallos" 2013 e pola súa vitoria fronte a Eude na Final Nacional dese mesmo ano. Isto levouno a representar a España na Final Internacional de "Red Bull Batalla de los Gallos", a cal se deu en Arxentina e onde quedou semifinalista fronte Jony Beltrán. En 2016 volveu presentarse, e nesta ocasión foi derrotado por Skone na final da final nacional, pero foi elixido como último participante na internacional mediante unha votación pública. Nela perdeu en oitavos contra Jony Beltrán por segunda vez. En 2017 logrou de novo a vitoria nacional tras derrotar a Force, e perdeu en oitavos contra Yenky One.

Chuty
Chuty.jpg
Chuty en 2016
AlcumeChuty
Nacemento12 de febreiro de 1993
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Rey Juan Carlos
Ocupaciónrapeiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Natural do barrio de Vallecas, o seu soño sempre foi ir á "Red Bull Batalla de los Gallos". Chuty comezou a rapear á temprana idade de 14 anos e as súas primeiras batallas déronse no 2008, no Parque de Enrique Tierno Galván en Madrid.

Foi coroado campión da "Gold Battle" Final Nacional de 2011 tras vencer a Negro na final, ese mesmo ano tamén conseguiu gañar fronte a Paulon na "Urban Festival Torrejón" 2011. En 2012 competiu na "Hipnotik Festival" e quedou subcampión na final contra o local da cidade, Kapo013.

En 2013 decidiu apuntarse ao regreso de "Red Bull Batalla de los Gallos" tras un parón de catro anos, logrando a vitoria da rexional de Madrid. Isto daríalle clasificación na nacional. Gañouna enfrontándose a Eude e así conseguiu representar a España. Na internacional perdeu en semifinais contra Jony Beltrán.

Durante os anos 2014 e 2015, Chuty mantívose ausente nas competencias e se centrou máis nos seus estudos, aínda que continuou rapeando e incluso foi xurado en moitas competencias de freestyle.

En 2016 Chuty anunciou a súa volta á competencia despois de dous anos. Tras gañar de novo a Semifinal Rexional de Madrid, chegou á Final Nacional en Valencia onde perdeu a final contra Skone. Non obstante, despois tivo unha oportunidade de ir á Internacional, grazas ás votacións que se fixeron para levar un dos subcampións nacionais. Na Internacional perdeu de novo contra Jony Beltrán. A finais dese ano, despois da súa derrota na internacinal, Chuty foi á "Big Bang Double AA" en Arxentina onde logrou alzarse coa vitoria vencendo a Papo na final.

Dende 2017 forma parte do grupo "Freenetiks" xunto a Skone, Invert e Hazhe. Cómpre engadir que á parte das competencias sacou o graduado o 18 de maio de 2017 pola universidade "Rey Juan Carlos" na carreira de ADE. Tamén este ano gañou a competición "Most Wanted Spain", batalla que buscaba o batalleiro máis completo de España. Chuty foi convocado na "Freestyle Master Series", tamén coñecida como a FMS, que é a liga profesional organizada por Urban Roosters que reuniu aos dez mellores freestylers de toda España.

Ao ser o subcampión nacional de 2016, Chuty poido participar directamente na final nacional de "Red Bull Batalla de los Gallos" 2017 sen necesidade de ir a participar a unha rexional. O 23 de setembro de 2017 proclamouse campión tras vencer a Force na final. Con esta vitoria obtivo o billete para ir á internacional, que se celebrou en México.

Na internacional, celebrada o 3 de decembro de 2017 en México, foi eliminado en oitavos fronte a Yenky One, tras unha votación moi polémica. Unha semana despois disto proclamouse vencedor da "Freestyle Master Series", a liga profesional de freestyle, con dúas xornadas de antelación vencendo a Skone.

En 2018 renunciou a participar na "Red Bull Batalla de los Gallos", a pesar de que foi o campión nacional da anterior edición, motivo polo cal tiña asegurada a participación na Nacional de 2018. O seu posto na final Nacional ocupouno Elekipo.

A pesar de optar por non participar na "Red Bull Batalla de los Gallos" 2018, Chuty seguiu activo participando noutras competicións e facendo varias batallas de exhibición cos mellores freestylers a nivel internacional. Chuty gañou a rexional de BDM en Madrid, a "Big Battle" de Sevilla, a competición "Reyes de Freestyle" en Murcia, a LFP en Perú e a BDM Deluxe en Chile. Nas dúas últimas gañou en ambas as finais a Aczino.

CaracterísticasEditar

Dende os seus comezos, Chuty distinguiuse por ser dos primeiros en facer doble tempo en España.

Resultados rexionaisEditar

  • 2013 Red Bull Batalla de los Gallos España, Madrid: Campión
  • 2016 Red Bull Batalla de los Gallos España, Madrid: Campión
  • 2018 Rexional de BDM España, Madrid: Campión

Resultados nacionaisEditar

  • 2010 | Cultura Urbana: Oitavos de final
  • 2011 Gold Battle Final Nacional en Barcelona, España: Campión
  • 2011 Urban Festival Torrejón en Madrid, España: Campión
  • 2012 Hipnotik Festival en Barcelona, España: Subcampión
  • 2013 Red Bull Batalla de los Gallos Final Nacional en Sevilla, España: Campión
  • 2016 Red Bull Batalla de los Gallos Final Nacional en Valencia, España: Subcampión
  • 2017 Most Wanted Spain en Madrid, España: Campión
  • 2017 Red Bull Batalla de los Gallos Final Nacional en Madrid, España: Campión
  • 2017–18 Freestyle Master Series, ( España): Primeiro Lugar
  • 2018 Big Battle Sevilla: Campión
  • 2018 Reyes del Freestyle, Murcia, España: Campión
  • 2018–19 Freestyle Master Series: Campión
  • 2018- BDM España: Campión

Resultados internacionaisEditar

  • 2013 Red Bull Batalla de los Gallos Internacional en  Arxentina: Semifinais
  • 2016 Red Bull Batalla de los Gallos Internacional en  Perú: Oitavos de final
  • 2016 Big Bang Double AA en  Arxentina Campión
  • 2017 Double AA Fest en  Chile: Cuartos de final
  • 2017 Red Bull Batalla de los Gallos Internacional en  México: Oitavos de final
  • 2018 Internacional de God Level 3vs3, en  Chile: Subcampión
  • 2018 Internacional de God Level en  Arxentina: Semifinais
  • 2018 Liga de Freestyle Profesional en Lima,  Perú: Campión
  • 2018 Double AA Fest en  Chile: Cuartos de final
  • 2018 Double AA Fest en  Arxentina: Cuartos de final
  • 2018 Supremacía MC en  Perú: Campión
  • 2018 BDM Deluxe en  Chile: Campión

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

  • Km0, en 2013
  • Tirando la puerta abajo, xunto a DJ Verse, en 2014

SinxelosEditar

  • No lucho por los demás (con DJ Verse) - Km0
  • La gran Creación (con Raúl Luengo) - Km0
  • Quién dominó el top ten con (DJ Verse) - Km0
  • Ni contigo ni sin ti (con Miriam Gisbert) - Km0
  • Hoy más Sergio que Chuty - Km0
  • Ahora todos - Km0
  • No estoy de ánimo (con DJ Verse) - Km0
  • Fuck haters - Km0
  • Tirando la puerta abajo - Tirando la puerta abajo
  • No somos la moda - Tirando la puerta abajo
  • Estaré ahí - Tirando la puerta abajo
  • Sigo en la cima - Tirando la puerta abajo
  • A mi manera - Tirando la puerta abajo
  • Vuestro segundo plano - Tirando la puerta abajo
  • Quisieron compararse - Tirando la puerta abajo
  • Vergüenza nacional - Tirando la puerta abajo
  • Nada que demostrar - Tirando la puerta abajo
  • 2015: Bajo presión (con DJ Verse)
  • 2015: Tarde o temprano (con Khan)
  • 2015: Cada vez menos yo (con Miriam Gisbert)
  • 2018: Tres segundos
  • 2018: Bitcoin
  • 2018: Coge tu copa