Chus Martínez

historiadora e comisaria da arte galega

Chus Martínez Pérez, nada en Ponteceso en 1972,[1] é unha comisaria galega de arte, e directora do Institute of Arte do FHNW Academy of Arte and Design de Basilea (Suíza).[2]

Modelo:BiografíaChus Martínez

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Ponteceso, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónBard College - curatorial studies (en) Traducir (–2001)
Universidade Autónoma de Barcelona
Universidade Columbia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da arte, escritora, filósofa, comisaria de arte Editar o valor en Wikidata
Participou en
Tabakalera Editar o valor en Wikidata

Twitter: chusmartinez BNE: XX1680145 BUSC: martinez-chus-1972 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou Filosofía e Historia da arte. Anteriormente foi conservadora xefe no Museo do Barrio de Nova York, xefa de departamento e membro do Core Agent Group en dOCUMENTA(13), conservadora xefe do MACBA (2008-11), directora da Frankfurter Kunstverein (2005-08) e directora artística de Sala Rekalde de Bilbao (2002-05).[3] Participou na Bienal de Venecia do 2005 e foi asesora curatorial do Carnegie International e da 29a Bienal de São Paulo.

Paralelamente, foi comisaria en numerosas exposicións durante o seu paso pola Frankfurter Kunstverein e o MACBA, e tamén noutras institucións, como o Museo de Arte Raíña Sofía de Madrid. Chus Martínez imparte conferencias, escribe regularmente ensaios críticos en catálogos e é colaboradora habitual de Artforum, entre outras revistas de arte internacionais.[4][5]

  1. Rial, S. G.; Palmou, Á (18-12-2013). "A pontecesá Chus Martínez deixa o museo de Nova York". La Voz de Galicia. Consultado o 07 de marzo de 2025. 
  2. "El auge y auge de Chus Martínez", artigo de Roberta Bosco en El País, 20 de xaneiro de 2014 (consulta 6 de marzo de 2017)
  3. "Chus Martínez, comisaria jefe del Museo del Barrio de Nueva York", artigo de Roberta Bosco en El País, 21 de outubro de 2012 (consulta 6 de marzo de 2017).
  4. Sota Setge. Mariam Ghani i Omer Fast. Centre de Cultura Contemporània de Barcelona septiembre-octubre 2014 Consulta 6 de marzo de 2017
  5. Chus Martínez Centre de Cultura Contemporània de Barcelona Consulta 4 de abril del 2016