Christopher Howgego
Christopher J. Howgego é un numismático británico especializado na moeda da antigüidade, conservador do gabinete numismático do museo Ashmolean, da Universidade de Oxford.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Oxford |
Q89547790 | - Estudos da moeda da Antiga Roma e da Antiga Grecia. - Conservador do museo Ashmolean, de Oxford. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e museística |
Ocupación | numismático |
Empregador | Universidade de Warwick (pt) |
Premios | |
- (1996): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society. - Medalla de prata da Sociedade Numismática Norueguesa. | |
Howgego é tamén, desde 1988, profesor de Numismática Grega e Romana no Wolfson College, da mesma universidade, e profesor honorario da Universidade de Warwick.[2]
Na literatura científica é citado frecuentemente como C. J. Howgego.[3]
Traxectoria
editarO seu centro de interse como investigador é a moeda antiga como elemento que contribúe ao entendemento da historia. O seu primeiro libro versaba sobre as contramarcas da moeda provincial romana, utilizadas como elemento de datación para investigar as relacións entre as cuñaxes e os exércitos, as migracións, a inflación e a función do diñeiro.[1]
A partir de aí, ocupouse nas súas investigacións de temas como os motivos das civilizacións antigas para cuñaren moeda, a subministración e o uso do diñeiro no mundo romano, a circulación monetaria e a súa vinculación coa economía na Antiga Roma ou a relación entre a cuñaxe de moeda e a identidade nas provincias romanas do Imperio.[1][4] Howgego foi fundador e un dos directores de Roman Provincial Coinage Online e, xunto con Andrew, dirixiu tamén o proxecto Coin Hoards of the Ronman Empire ("Achados monetarios do Imperio Romano").[5][6][7] Participa, así mesmo, como editor nas series Roman Imperial Coinage e Roman Provincial Coinage.[1][2][8]
Ingresou no museo Ashmolean en 1988, inicialmente como conservador das moedas da Antiga Grecia e da Antiga Roma, e en 2005 ascendeu a responsable da sala Heberden de moedas.[9] Finalmente, en 2006 foi nomeado conservador xeral e coordinador de investigación do museo.[1][2][10]
Howgego é vicepresidente da Real Sociedade Numismática de Londres, membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica e membro correspondente da Sociedade Numismática Americana.[1]
Recoñecementos
editar- (1996): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, pola súa obra Ancient History from Coins.[11]
- (2014): Medalla Bjørnstad da Norsk Numismatisk Forening ("Sociedade Numismática Norueguesa").[1][12]
Publicacións
editarEsta é unha escolma das monografías e os artigos máis salientables de Cristopher Howgego:[3][13][14]
Monografías
editar- (1985): Greek Imperial Countermarks. Studies in the Provincial Coinage of the Roman Empire. Royal Numismatic Society. Special Publications, 17. ISBN 978-0901405234
- (1995): Ancient History from Coins. Routledge. Routledge. ISBN 978-0415089937
- (2005): Coinage and Identity in the Roman Provinces. Con V. Heuchert e A. Burnett. Oxford University Press. ISBN 978-0199265268
Artigos
editar- (1981): "Ionian Magistrates: Caracalla or Elagabalus?". En The Numismatic Chronicle. Vol. 141. Páxinas 147-149.
- (1982): "Coinage and Military Finance: the Imperial Bronze Coinage of the Augustan East". En The Numismatic Chronicle. Vol. 142. Páxinas 1-20.
- (1990): "Why did Ancient States strike Coins?". En The Numismatic Chronicle. Vol. 150. Páxinas 1-25.
- (1992): "The Supply and Use of Money in the Roman World 200 B.C. to A.D. 300". En The Journal of Roman Studies. Vol. 82. Páxinas 1-31.
- (1992): "Greek and Roman coins from Eastern Arabia". Con D. T. Potts. En Arabian Archeology and Epigraphy. Vol. 3. Nº. 3.
- (2002): "The Denarii of Septimius Severus and the Mobility of Roman Coin: A Reply". En The Numismatic Chronicle. Vol. 162. Páxinas 339-342.
- (2013): "The Monetization of Temperate Europe". En The Journal or Roman Studies. Vol. 103. Páxinas 16-45.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Chris Howgwgo". Ashmolean Museum.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Christopher Howgego Arquivado 13 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". Wolfson College.
- ↑ 3,0 3,1 "Howgego, C. J.". En Worldcat.
- ↑ Véxanse referencias relacionadas na sección "Publicacións".
- ↑ "Roman Provincial Coinage online team Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Roman Provincial Coinage Online.
- ↑ "Roman Provincial Coinage Online". Ashmolean Museum.
- ↑ "Coin Hoards of the Roman Empire". Ashmolean Museum.
- ↑ "Heberden Coin Room: Staff Reports: Dr Christopher Howgego Arquivado 07 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". En Annual Report of the Visitors of the Ashmolean Museum. University of Oxford. Agosto de 2002 xullo de 2003. Páxina 37. ISBN 1-85444-194-9
- ↑ "The Heberden Coin Room: Staff". Ashmolean Museum.
- ↑ "People. Ashmolean staff". Ashmolean Museum.
- ↑ "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Referat fra møte nr. 902 I NNF, 28. Oktober 2014,- Nordbøs minneforelesning Arquivado 07 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Norsk Numismatisk Forening. 28 de outubro de 2014.
- ↑ "Christopher Howgego". En Academia.
- ↑ "Howgego". En JSTOR.