Christiane Nüsslein-Volhard

Christiane Nüsslein-Volhard, nada en Magdeburg o 20 de outubro de 1942,[1] é unha bióloga alemá, xunto con Eric Wieschaus, conduciu un espectacular e exitoso proxecto de mutaxénese a grande escala que iluminou o programa de desenvolvemento embriónico da mosca da froita (Drosophila melanogaster).

Infotaula de personaChristiane Nüsslein-Volhard
Nome orixinal(de) Christiane Nüsslein-Volhard Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1942
Magdeburgo (Alemaña) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga
Universidade de Frankfurt Editar o valor em Wikidata
Director de teseHeinz Schaller (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía
Lugar de traballo Tubinga Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbióloga , psicóloga , profesora universitaria , xenetista , bioquímica , fisiólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga
Biozentrum University of Basel (en) Traducir
Universidade de Freiburg im Breisgau
Instituto Max Planck de Biologia do Desenvolvimento (pt) Traducir
EMBL
Universidade Duisburg-Essen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enXenética Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRuth Lehmann Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesBenjamin List (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina o 1995

WikiTree: Volhard-9

Traxectoria editar

A bioloxía molecular é tradicionalmente feudo de pequenos laboratorios e experimentos que amosan principios ou exemplos de posible significación xeral. A norma son experimentos que mostran a actividade dun xene ou a acción dunha proteína. Por outra parte, a vixilancia de complexos biolóxicos son relativamente raros. Pero xenetistas como Nüsslein-Volhard foron máis ambiciosos, desenvolvendo coleccións de organismos mutantes que serven para fundamentar a investigación de procesos completos e ás veces, o traballo de moitos investigadores.

As moscas da froita foron longo tempo o cabalo de batalla da xenética polo seu pequeno tamaño, pequeno tempo de crecemento e complexidade vital. O rico conxunto de ferramentas e coñecemento preexistente continúa a fertilizar traballos posteriores. O que Nüsslein-Volhard e Wieschaus fixeron foi xerar mutacións aleatorias en xenes individuais e coller os representativos con descendentes amosando efectos letais durante o desenvolvemento embriónico (por exemplo, defectos de nacemento en moscas).

Desenvolveron unha vasta colección mutantes malformados, moitos con nomes descritivos como ourizo, aleixado e cogombro. O estudo deses mutantes e as súas interaccións levou a importantes novas percepcións do desenvolvemento temperá da Drosophila, de xeito especial os mecanismos que subxacen ós segmentos corporais, o que influenciou directamente estudos sobre segmentación en mamíferos, o que (de xeito menos obvio) é central no noso desenvolvemento e é aínda evidente na nosa columna vertebral.

Recoñecementos editar

En 1995 recibiu o Nobel de Fisioloxía ou Medicina xunto a Edward B. Lewis e Eric Wieschaus.[2]

En 2022, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[3]

Notas editar

  1. "Christiane Nüsslein-Volhard, bióloga". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-10-20. Consultado o 2022-05-15. 
  2. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1995". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-05-15. 
  3. "Christiane Nüsslein-Volhard, Premi Nobel en Fisiologia o Medicina, investida doctora honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 12 de xullo de 2022. Consultado o 7 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar