Vera Christiane Felscherinow máis coñecida como Christiane F., nada en Hamburgo o 20 de maio de 1962, é unha ex adicta á heroína alemá, que se fixo famosa por contribuír ao libro autobiográfico Wir Kinder vom Bahnhof Zoo, publicado e editado pola revista alemá Stern en 1978, e que describe a súa loita contra a adicción durante a adolescencia.

Christiane F.
AlcumeChristiane F.
Nacemento20 de maio de 1962
Lugar de nacementoHamburgo
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónactriz de cinema, cantante e escritora
Na rede
https://f-foundation.org/
IMDB: nm0271574 Allocine: 534383
Musicbrainz: 9c9a15db-c5e5-417a-b74f-fa281b48c626 Discogs: 98443 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Trasladouse a Berlín en 1968 cos pais e con súa irmá máis nova. Viviu nun principio no distrito municipal de Kreuzberg, despois no de Neukölln. Pero foi no barrio de Groppiusstadt, onde Christiane comezou a verse envolta en drogas a través do seu grupo de amigos. En 1974, aos 12 anos de idade, comezou a fumar cánnabis e a consumir medicamentos como Valium, Mandrix e LSD.

Heroína editar

En 1975, aos 13 anos, Christiane empezou a frecuentar o Sound, a discoteca de moda naquela época en Berlín. Alí coñeceu a Detlef (o que sería o seu futuro noivo) ademais de a Axel, Babsi, Atze, Zombie e Stella, entre outros.

Unha nova droga comezaba a circular na escena de Berlín. Era a heroína, ou simplemente "H", como era máis coñecida. Aínda que era moi temida polo seu alto poder de adicción e polo alto risco de mortalidade, todos os amigos de Christiane acabaron volvéndose adictos á heroína, incluso Detlef. Christiane inhalou heroína a primeira vez despois de asistir a un concerto de David Bowie. Tempo despois, nuns baños públicos da Estacióno Berlin Zoologischer Garten, inxectouse a droga por primeira vez. A partir dese momento, Christiane foise introducindo cada vez máis no consumo de heroína.

Prostitución editar

A medida que se ía facendo máis adicta, Christiane, aos 14 anos, como todos os seus amigos, comezou a prostituírse na Estación do Zoo para comprar heroína. A propia Christiane relata que ao inicio, escollía aos seus clientes e que se limitaba a masturbalos ou practicarlles sexo oral. Pero coa necesidade de inxectarse droga tres veces ao día, Christiane pasou a aceptar a calquera tipo de cliente e a practicar sexo dentro dos coches. A práctica da prostitución durou desde 1976 ata 1977, cando foi detida e acusada de tráfico e consumo de drogas.

Libro editar

Durante o seu xuízo no tribunal de infancia e xuventude, os xornalistas Kai Hermann e Horst Hieck quedaron impresionados coa súa declaración sobre a adicción e propuxéronlle unha entrevista que, ao final, durou varios meses e deu base ao famoso libro Wir Kinder vom Bahnhof Zoo ("Os nenos da estación do Zoo"). O libro tivo éxito e foi publicado en varios países. Coa publicación do libro, Christiane fíxose mundialmente famosa e incluso pasou un tempo "limpa", asegurando estar desenganchada das drogas. Pero en 1983, a policía detívoa no apartamento dun traficante en Berlín. Nesta época concedeu unha entrevista á revista alemá Stern, confesando que nunca abandonara realmente a heroína.

Despois do libro editar

A maioría dos amigos de Christiane morreron vítimas da heroína, entre eles a súa amiga Babsi con 14 anos, a vítima máis nova, ademais de Andreas W. (Atze), que deixou unha carta con consellos para os mozos alertando sobre o perigo da heroína, e Axel, ámbolos dous con 17. Christiane sobreviviu, pero nunca conseguiu librarse da adicción. Aos 45 anos tomaba varios medicamentos, pasaba regularmente por sesións, tivo moitos intentos e seguiu moitas terapias para abandonar o hábito, pero sen conseguir resultados.

Christiane ten hepatite C (enfermidade incurable) e problemas circulatorios. Os médicos, despois de afirmaren que, debido aos seus problemas circulatorios, pode ter unha crise en calquera momento, din tamén que o seu estado é irreversible. En decembro de 2005, o servizo público de saúde alemán rexistrou dous ingresos da paciente.

Christiane pasou un período vivindo nun apartamento en Berlín con dous tíos e co seu fillo, Jan-Niklas. Detlef tamén sobreviviu e traballa como condutor de autobús en Berlín. Vive coa súa muller e cos seus fillos e di que se librou das drogas en 1980.

Na actualidade editar

Aos 46 anos de idade volveu consumir drogas duras. O seu fillo vive actualmente nunha institución para menores nos arredores de Berlín, e os avós deberanlle axudar a decidir cal será a súa futura vivenda.

Ó inicio de 2008, ela e o seu mozo decidiron emigrar aos Países Baixos, levando ao fillo. Ao ter coñecemento deste feito, a xustiza alemá quedou coa custodia, coa axuda da policía. Pouco tempo despois, secuestrou o seu propio fillo e escapou a Ámsterdan. Na capital neerlandesa, Christiane volveu consumir heroína. Despois dun desencontro co seu noivo, Christiane regresou a finais de xuño de 2008 a Alemaña, momento no que as autoridades alemás procederon a quitarlle a custodia do fillo[1].

Notas editar