Chris Griffin

personaxe da serie de animación Family Guy
Personaxe de Family Guy
Christopher Cross Griffin
Vive en: Quahog, Rhode Island
Xénero: Masculino
Altura: 168 cm
Peso: 113,40 kg
Pelo: Loiro
Idade: 14
Ocupación: Estudante, repartidor de xornais
Relixión: Católica
Hobbies: Pintar, debuxar
Primeira aparición: "Death Has a Shadow"

Christopher Cross Griffin (máis coñecido como Chris) é o segundo fillo de Peter e Lois na serie de animación estadounidense Family Guy. É unha reprodución a escala do seu pai, do que herda a pouca intelixencia e a aparencia física, coma o sobrepeso. Destaca na pintura, onde chegou a ser promocionado como pintor en Nova York, onde coñeceu á que foi a súa moza Kate Moss. Chris idolatra ó seu pai e intenta non decepcionalo, pero Peter non lle presta atención. Vive atemorizado por un mono que vive no seu armario.