Christian Grahn
músico sueco
(Redirección desde «Chris Dangerous»)
Christian Grahn, coñecido coma Chris Dangerous e nado o 12 de xuño de 1978, é o batería da banda sueca de garage rock The Hives.
Chris Dangerous | |
---|---|
Nome completo | Christian Grahn |
Data nacemento | 12 de xuño de 1978 (45 anos) |
Nado en | Fagersta, Suecia |
Ocupación | músico e batería |
Instrumento(s) | batería, guitarra, voz |
Relacionado con | The Hives, Bad Dreams Always |
Tempo en activo | 1989 - actualidade |
Na rede | |
http://www.thehivesbroadcastingservice.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Biografía editar
Grahn comezou a tocar a batería aos nove anos, e nos primeiros anos de The Hives en Fagersta, Grahn tocou tamén a batería noutra banda local, Bad Dreams Always. O seu pai formaba parte dun grupo finés de versións chamado The Sailors, que, segundo Howlin' Pelle Almqvist, era "a máis grande banda de rock de Finlandia nese tempo". O pai tamén cantaba noutro grupo chamado The Ventons.