Chorale Roanne Basket

(Redirección desde «Chorale Roanne»)

O Chorale Roanne Basket é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Mans, na rexión de Ródano-Alpes. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB Pro A), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 1959 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, repetindo título en 2007. O seu pavillón como local é o Halle André-Vacheresse, recinto con capacidade para 5 020 espectadores.[1]

Chorale Roanne
Información xeral
Liga Pro A
Fundación 1937
Cores                Branco, azul, laranxa
Presidente Francia Emmanuel Brochot
Adestrador Francia Jean-Denys Choulet
Localización
Cidade Francia Roanne, Francia
Pavillón Halle André-Vacheresse
Capacidade 5 020
Inauguración 1988
Campionatos
Liga 2 (1959, 2007)
S. des As 1 (2007)
chorale-roanne.com

Historia editar

Fundado en 1937, o Chorale Roanne posúe nas súas vitrinas dous títulos nacionais, o primeiro en 1959 e o máis recente en 2007. O palmarés do equipo tamén inclúe unha La Semaine des As Cup (2007) e múltiples participación en competicións europeas. Na temporada 2007−08, o club mesmo xogou na Euroliga. O club perdeu o seu posto na máxima categoría pouco despois de gañar o seu segundo título, na tempada 2013−14. Despois de cinco temporadas na LNB Pro B, o club regresou na temporada 2018−19 á máxima categoría.

Ano a ano editar

Ano Nivel Liga Pos. Copa Leaders Cup Competicións europeas
2006–07 1 Pro A Rolda de 16 Campión
2007–08 1 Pro A Rolda de 32 Cuartos de final 1 Euroliga RS
2008–09 1 Pro A Semifinais Semifinais 2 Eurocup RS
2009–10 1 Pro A Rolda de 32 Semifinais 3 EuroChallenge 3rd
2010–11 1 Pro A Rolda de 32 Cuartos de final 1 Euroliga QR1
2 Eurocup RS
2011–12 1 Pro A Cuartos de final Cuartos de final 3 EuroChallenge QF
2012–13 1 Pro A Rolda de 16 Cuartos de final
2013–14 1 Pro A 15º Cuartos de final
2014–15 2 Pro B Rolda de 32
2015–16 2 Pro B 16º Rolda de 32
2016–17 2 Pro B 15º Oitavos de final
2017–18 2 Pro B Rolda de 16
2018–19 2 Pro B Rolda de 32
2019–20 1 Pro A 16º Rolda de 16
2020–21 1 Pro A 16º Oitavos de final
2021–22 1 Pro A 13º Rolda de 16

Xogadores editar

Destacados editar

Notas editar

  1. Legros, Antoine (10 de xullo de 2020). "Série: les stades et enceintes de la loire, la Halle André Vacheresse". Parlons Sports Loire (en francés). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar