En arqueoloxía un chopper é un instrumento de pedra cun fío moi irregular producido pola retirada de laxas dun dos lados da pedra.

Chopper de Dmanisi cunha antigüidade estimada de 1 850 000 anos

Presentan formas moi rudimentarias e xeralmente só se atopan no paleolítico inferior, fai dous millóns de anos. As sociedades posteriores utilizaron ferramentas máis avanzadas. Fronte a estes cantos tallados monofaciais comezaron a mellorar os xeitos de traballar a pedra evolucionando a realización de cantos tallados bifaciais ou bifaces.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.