Un chisqueiro, ou tamén chamado acendedor, é un aparello empregado para acender outra substancia que será a encargada de manter a chama por máis tempo.

Chisqueiro común.
Chisqueiro de corda.

Historia

editar

O primeiro chisqueiro, chamado Lámpada de Döbereiner, foi inventado polo químico alemán Johann Wolfgang Döbereiner no ano 1823[1] e foi producido até 1880.[2]

Os primeiros chisqueiros (que mereceran tal nome) consistían nun tubo, duns 6.8 milímetros de diámetro (xeralmente de latón), polo que discorría un fío de algodón. Noutro tubo paralelo había un coto mantido cun resorte e un parafuso contra unha roda estriada que, facéndoa xirar cun dedo, producía faíscas que acendían o fío. Unha vez empregada a brasa producida no fío, retraíase esta dentro do seu tubo cunha tapadeira amarrada cun arame, que apagaba a brasa por sufocación (falta de osíxeno para a combustión).

Os acendedores posteriores, non tiñan fío e estaban formados por un depósito que almacena o combustible (bencina, butano e outros), unha pedra que provoca a faísca por roce e un mecanismo para apagar a chama de xeito cómodo por falta de osíxeno.

Os actuais non empregan pedra, senón un sistema electrónico que produce unha chispa. Son moito menos lonxevos que os de pedra, pero moito máis baratos.

Unha variante destes é o de cociña, que non contén ningún combustible e só fai faiscas, que acende o gas da cociña ou aquecedor. Funciona ben cos gases propano e butano, mais non tan ben co gas natural, que ten unha temperatura de ignición máis alta, que non sempre alcanza a faísca.

Os chisqueiros de fío e gasolina chámanse normalmente Zippos, por mor da marca que os popularizou.

Seguranza

editar
  • Non debe permitirse que os nenos usen estes artefactos nin deben deixarse ao seu alcance, xa que a súa curiosidade lévaos a xogar con eles e causar accidentes graves.
  • Non deben usarse en lugares onde se almacenen substancias explosivas ou inflamábeis.
  • Non deben usarse en caso de escapes de gas.

Chisqueiro nos automóbiles

editar

Moitos automóbiles teñen un acendedor eléctrico formado por un cable polo cal pasa unha corrente de 15 a 20 amperios, a cal en poucos segundos quenta o acendedor. Unha vez se tórna cor encarnado, é quen de acender o tabaco.

  1. El encendedor (24 de maio de 2018). Elmodo.mx.
  2. Historia del mechero. Villamecheros.com.